| Xoves, 21 Xuño 2012 12:18 |
|
• Disputarase o sábado 23 nas modalidades de técnica, exhibición e combate. O Torneo Internacional Cidade de Ourense celebrará este sábado 23 de xuño a súa décima edición e ademais superará un novo record de participación, con máis de 1.100 deportistas inscritos nas modalidades de técnica, exhibición e combate. O torneo, organizado polo Centro Deportivo Couto, comezará as 9:00 horas coa celebración da modalidade de técnica na que participarán 620 deportistas. Ademais a gran novidade é que se probará un novo sistema de competición (utilizado en Corea), que consiste en eliminatorias directas entre dous deportistas. Este sistema axiliza as competicións de técnica e aporta máis emoción. Será a primeira vez que se utilice en Galicia e tamén en España. E xa pola tarde (16:00 horas), chega a quenda para o combate. En categoría adulta participarán tres equipos femininos e seis masculinos, cun total de 36 deportistas. Esta competición realizase por equipos, sumando a puntuación dos catro membros de cada equipo, non é individual. En categoría cadete, participarán 80 deportistas de varios clubs, así como a selección galega e unha selección invitada de Bizkaia, destacando a participación dunha medallista europea e varios medallistas nacionais.
|