Campionatos

Actividades Nacionais

Calendario

Abril 2013 Maio 2013 Xuño 2013
Lu Ma Mi Ju Vi Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Fotos & Vídeo

Saúda de Mercedes Barrientos (Presidenta da Federación Galega de Tae Kwon Do).

Estimados compañeiros e compañeiras:

Tanto eu coma o Departamento de Comunicación e a Administración da Federación Galega de Taekwondo estamos felices de poder saudarvos dende esta nova páxina Web www.taekwondogalego.com

Esta páxina nace con vocación de servicio a tódolos afiliados. Como vedes, dentro da páxina temos servicios que tentan axiliza-la comunicación entre a FGT e tódolos afiliados, especialmente os clubes.

Nesta nova páxina tratamos de ofertar unha maior velocidade na recepción de información, circulares e noticias, facilita-los trámites administrativos ofertando formularios imprimibles, permiti-la consulta de regulamentos, estado de cada afiliado en canto á súa documentación federativa e, tamén, crear un foro de comunicación entre tódolos practicantes de taekwondo.

Dende o principio, nesta nova etapa da FGT, propuxémonos a necesidade de adaptarnos ós tempos nas comunicacións cos clubes e afiliados, ainda que o faremos dun xeito progresivo para valorar durante este período a demanda de información vía Internet e a necesidade  ou non de aumenta-los servicios da Web.

Non quero despedirme de vós sen antes facervos saber que estamos abertos suxerencias e demandas que nos fagades chegar.

 


seo escort ankara