|
Sábado, 04 Maio 2013 20:17 |
|
A deportista do Natural Sport Riveira Lara Ouviña (-62 quilogramos) acadou a medalla de bronce no Open de España, que se está a celebrar hoxe en La Nucia (Alacante). E non tivo un percorrido sinxelo a galega: No primeiro combate enfrontouse a Michaela Pinkavova (Bran Bretaña) e logrou un triunfo amplo (7-2) que lle deu confianza cara ao segundo choque no que tivo que loitar contra Leyre de Haro (Valencia). Sin problemas para Lara que domiñou de principio a fin (7-0). Na terceira ronda a cousa complicouse e moito, xa que enfronte tiña a Diana Vázquez, do Car de Barcelona, e Ouviña loitou coma una guerreira para terminar logrando o triunfo no punto de ouro (7-6). E así concretou a súa medalla de bronce. Na loita por meterse na final non tivo sorte. A semifinal foi contra Marta Calvo (Madrid) e caeu pola mínima (2-1), pero suficiente para cortar o seu percorrido para a final.
|
|
|
Sábado, 04 Maio 2013 20:00 |
|
A final galega de taekwondo escolar celebrouse hoxe en Ourense.
Yidam e Tao lograron a súa clasificación para o Campionato de España de Exhibición na categoría cadete tras lograr o primeiro e segundo posto, respectivamente, na final galega de taekwondo escolar de exhibición cadete que se celebrou hoxe en Ourense (Pavillón dos Remedios). Tamén tivo lugar a final de técnica, coa participación de 351 deportistas.
|
|
Ler máis...
|
|
Venres, 03 Maio 2013 19:27 |
|
 O galego Gabriel Tembrás proclamouse campión de Europa cadete en Freestyle, unha nova modalidade que introduciu a Federación Mundial este ano por vez primeira e que aínda ten poucos practicantes. A principal innovación do Freestyle é que é unha combinación técnica libre con movementos obrigatorios pero que permite introducir acrobacias. Pola súa banda, o trío senior feminino do Tao logrou a medalla de bronce no Europeo de Técnica, que se celebrou o día 1 de maio en Alacante.
|
|
Ler máis...
|
|
Venres, 03 Maio 2013 17:39 |
|
O Mace Sport recolleu hoxe o premio ao mellor club de taekwondo 2012 pola súa promoción do deporte no transcurso da gala celebrada na Nucia (Alacante). O premio foi recollido polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que quixo compartir co clube este galardón e acompañou aos seus dirixentes á gala. Ademais, o deportista e adestrador do clube pontevedrés Miguel Ángel Cortegoso recibiu a medalla de bronce ao mérito deportivo.
Tamén houbo premio para o galego Alex Vidal que recibiu a mención ao deportista masculino na categoría do parataekwondo. Alex Vidal proclamouse este ano campión do mundo de parataekwondo, na súa terceira participación nun mundial. Con anterioridade lograra dúas medallas de prata polo que este título tivo un valor moi especial para el. |
|
Venres, 03 Maio 2013 11:16 |
|
CONVOCATORIA DE XUICES CALIFICADORES PARA CPTO. ESCOLAR DE TÉCNICA E EXHIBICIÓN CADETE
SÁBADO 4 DE MAIO DE 2013 - PAVILLÓN DOS REMEDIOS - OURENSE.
IMPORTANTE; PREGAMOS A TODO-LOS CONVOCADOS, QUE NON O FIXERAN ANTES, CUBRAN O SEGUINTE FORMULARIO DE INMEDIATO CO FIN DE PODER CONTAR COS SEUS DATOS FISCAIS ACTUALIZADOS. GRACIAS.
REUNIÓN DE ÁRBITROS ÁS 08.45 HORAS.
FORMULARIO DATOS ÁRBITROS - IMPRESCINDIBLE CUBRIR
VER CONVOCATORIA:
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 6 de 228 |