Campionatos

Actividades Nacionais

Calendario

Abril 2013 Maio 2013 Xuño 2013
Lu Ma Mi Ju Vi Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Fotos & Vídeo

Luns, 06 Maio 2013 09:42

MARINA D´OR - 25 E 26 DE MAIO DE 2013 

CPTO. DE ESPAÑA CADETE - POR CLUBES

CPTO. DE ESPAÑA XUNIOR - POR AUTONOMIAS

VER INFORMACIÓN: http://www.fetaekwondo.net/noticias.php?id=770 

 
Domingo, 05 Maio 2013 20:30

Na xornada do domingo chegou o momento para os cadetes e os xúnior, e continuou a colleita de medallas para os deportistas galegos. En total foron 3 para os cadetes e 5 para os xúniors.

Na categoría cadete, Miguel Orro (-37, Natural Sada) logrou a medalla de bronce nun peso moi complexo con 31 participantes. Ademais, Ainoa Boubeta (+59, Patiño) e Pilar Rodríguez (Natural, -55) foron bronces.

 

En xúnior, Xián Silva, do Mace Sport, logrou a medalla de prata despois dunha final moi complicada contra un azerbaino de 1,90. O pontevedrés fixo un gran campionato. Rut Tilve (-44, As Sport) logrou a medalla de bronce, igual que Miriam García (Patiño), Sabela López (+67, Patiño), Miguel Cobas (Natural Sport, -51).

Tamén hai que destacar a medalla de bronce do cadete Gabriel Tembrás na modalidade de técnica, que leva unha semana espectacular, xa que hai uns días acadou o título de campión de Europa na modalidade Freestyle.

 

Son resultados provisionais.

 
Sábado, 04 Maio 2013 20:41

katia 1Espectacular. Nun Open de España cun nivel altísimo, Katia Calvar parecía a máis veterana e competíu cunha tranquilidade increíble e ante as mellores deportistas do mundo. Así, logrou a medalla de ouro no Open de España, de clase A.

Ler máis...
 
Sábado, 04 Maio 2013 20:17

laraA deportista do Natural Sport Riveira Lara Ouviña (-62 quilogramos) acadou a medalla de bronce no Open de España, que se está a celebrar hoxe en La Nucia (Alacante). E non tivo un percorrido sinxelo a galega: No primeiro combate enfrontouse a Michaela Pinkavova (Bran Bretaña) e logrou un triunfo amplo (7-2) que lle deu confianza cara ao segundo choque no que tivo que loitar contra Leyre de Haro (Valencia). Sin problemas para Lara que domiñou de principio a fin (7-0). Na terceira ronda a cousa complicouse e moito, xa que enfronte tiña a Diana Vázquez, do Car de Barcelona, e Ouviña loitou coma una guerreira para terminar logrando o triunfo no punto de ouro (7-6). E así concretou a súa medalla de bronce. Na loita por meterse na final non tivo sorte. A semifinal foi contra Marta Calvo (Madrid) e caeu pola mínima (2-1), pero suficiente para cortar o seu percorrido para a final.

 

 

 
Sábado, 04 Maio 2013 20:00

A final galega de taekwondo escolar celebrouse hoxe en Ourense.

Yidam e Tao lograron a súa clasificación para o Campionato de España de Exhibición na categoría cadete tras lograr o primeiro e segundo posto, respectivamente, na final galega de taekwondo escolar de exhibición cadete que se celebrou hoxe en Ourense (Pavillón dos Remedios). Tamén tivo lugar a final de técnica, coa participación de 351 deportistas.

 

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 4 de 227


seo escort ankara