Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Artigos filtrados por data: Xuño 2018

Sono Olímpico Taller Adestradores

 
CURSO DE FORMACIÓN PERMANENTE DE ADESTRADORES

 

Aproveitando o marco iniguable que ofrece SO10 Campamento Internacional de Verán de Taekwondo, e que se celebrará durante os días 9 ao 15 de xullo, a FGT en colaboración co Club Natural Sport - Videlgi  e o Concello de Riveira, lanza un curso gratuito, enfocado a formación continua e permanente dos Adestradores Galegos.

 

Este curso contará con verdadeiros especialistas na materia, destacando o Dr. Joaquín Dosil, unha verdadeira eminencia no traballo psicolóxico cond eportistas e adestradores. A través da sua ponencia "Adestramento Mental en Taekwondo", abordaranse estratexias mentais para traballar en taekwondo, o adestrador líder, a comunicación e a fortaleza mental.

 

Outros especialistas cos que contaremos serán o mestre Salvador Allende, o mellor adestrador do mundo en traballo desde idades tempranas na nosa especialidade, e que desenrolará unha serie de talleres con adestradores atendendo aos cativos e cativas segundo as súas idades.

 

A nivel de arbitraxe, e como sempre da man da nosa Internacional María Bautista, acompañada por dúas árbitros excepcionais como son Carmen Navarro e Paula Remírez, trasladarannos todas as novidades regulamentarias sufridas pola modalidade de combate nos últimos tempos.

 

E como non podería ser doutro xeito, e aproveitando a dúas figuras excepcionais do noso deporte como son Aaron Cook e Jaouad  Achab, realizaremos un taller dirixido para adestradores que tentarán "destripar"  as características do modelo competitivo do taekwondo desde dentro.

 

ADESTRADORES GALEGOS COLEXIADOS: GRATUITO

ADESTRADORES GALEGOS SEN COLEXIAR OU DEPORTISTAS GALEGOS INTERESADOS EN FACER O CURSO: 50€

ADESTRADORES DE TAE KWON DO DE FORA DE GALICIA: 150€

OUTRAS PERSOAS VINCULADAS AO DEPORTE CON INTERÉS NA FORMACIÓN CONTINUA: 200€

TALLER JOAQUÍN DOSIL: 50€

 

Esta cuota non inclúe o aloxamento nin a manutención.

 

Para facer a inscripción deberán tramitala:

 

Adestradores e deportistas galegos a través da aplicación da FGT (web oficial da FGT antes das 13.00 horas do 28/06/2018 )

Adestradores , deportistas de taekwondo e persoas interesadas doutras disciplinas, a través do e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Ao finalizar o curso entregarase un diploma de asistencia (sempre e cando se cubran máis do 75% das horas é dicir 15 hs). este curso non convalida con ningunha hora nin asignatura dos cursos de adestradores oficiais.

 

  • Publicado en Novas

RECOÑECEMENTO DGAN

ABERTO O PRAZO PARA O RECOÑECEMENTO

 

Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro,polo que se regula a cualificación dos deportistas galegos de alto nivel e os programas de beneficios dirixidos a estes.

Orde do 30 de maio de 2005 pola que se establecen os criterios para o recoñecemento dos deportistas galegos de alto nivel, en desenvolvemento do Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro.

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se aproba o modelo de solicitude para o recoñecemento da cualificación de deportista galego de alto nivel.

Está dispoñible en sede electrónica o procedemento PR948A para a solicitude do recoñecemento da cualificación de deportista galego de alto nivel.

Modelos de solicitude de RECOÑECEMENTO DA CONDICIÓN DE DEPORTISTA GALEGO/A DE ALTO NIVEL

Anexo I. Solicitude

Anexo II. Certificación de datos da federación deportiva

  • Publicado en Novas

Resultados Open do Lérez

Catrocentos deportistas participaron o sábado 2 de xuño na sétima edición do  Open “Cidade do Lérez” de combate, que se celebrou no Pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra.

No documento adxunto tedes os resultados.

 

  • Publicado en Novas

CATROCENTOS DEPORTISTAS INSCRITOS NO OPEN “CIDADE DO LÉREZ”

Catrocentos deportistas participarán o sábado 2 de xuño na sétima edición do  Open “Cidade do Lérez” de combate, que se celebrará en Pontevedra (Pavillón Príncipe Felipe, a partir das 09:00 horas) organizado polo Taekanart de Pontevedra.

 

O sábado pola mañá terá lugar a competición para as categorías, absoluto e cadete, mentres que pola tarde (a partires das 15:30 horas) competirán os infantil, precadete e júnior. En total, entre participantes, técnicos e árbitros, o torneo moverá a cincocentas persoas, de 30 clubs galegos. O torneo celebrarase sobre as 6 pistas dispostas no pavillón, con todos os medios electrónicos actuais (cascos, petos e vídeo-replay).

 

O evento é o primeiro campionato renqueable da tempada  2018/19, onde os deportistas segundo o seu resultado  adquiren puntos, que le servirán para formar parte das diferentes seleccións galegas.

 

 

 

 

 

 

 

 

  • Publicado en Novas
Suscribirse a este canal RSS