Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Federación Galega de Taekwondo

Inscrición, horario e sorteo - cadete e sub21 definitiva

CPTO. GALEGO CADETE E SUB21

ORDES, 07/04/18 

COMUNICAMOS A TODOLOS CLUBES QUE O CADETE SE CELEBRARÁ EN HORARIO DE MAÑÁ DANDO COMEZO ÁS 09.00H E O SUB-21 EN HORARIO DE TARDE, DANDO COMEZO ÁS 15.30H.
 
-- AVISO IMPORTANTE --
 
COMUNICAMOS A TODOLOS CLUBES QUE O CAMPIONATO GALEGO CADETE SE CELEBRARÁ CON CASCO TRADICIONAL POLO QUE CADA DEPORTISTA TERÁ QUE ACUDIR CO SEU CASCO E MÁSCARA.
 
MOITAS GRACIAS.
 
Inscrición:
 
 

 

BOUDJENANE LIÑARES, MATEO Home CADETE GALLO BOUDSPORT
CASTRO RODRIGUEZ, MANUEL Home CADETE GALLO BOUDSPORT
PENA PEREIRA, DANIEL Home CADETE GALLO GARRAPUCHO
GUTIERREZ ALVAREZ, DANIEL Home CADETE GALLO MACE SPORT
GUTIERREZ ALVAREZ, ALVARO Home CADETE GALLO MACE SPORT
PAZOS PAVON, ANXO Home CADETE GALLO MACE SPORT
ABOLLADO BUGALLO, JOSE Home CADETE GALLO MACE SPORT
ALFONSIN AMBROA, CIBRAN Home CADETE GALLO MACE SPORT
PEREZ BRACAMONTE, DANIEL DE JESUS Home CADETE GALLO MANIOTAS-NOIA
ABEIJON PRIEGUE, ADRIAN Home CADETE GALLO NATURAL SPORT RIBEIRA
DEAN REQUEJO, KEVIN Home CADETE GALLO NATURAL SPORT RIBEIRA
CERNADAS AGEITOS, ALEJANDRO Home CADETE GALLO NATURAL SPORT RIBEIRA
TORRES BRETAL, ALEJANDRO Home CADETE GALLO NATURAL SPORT RIBEIRA
JIMENEZ PONCE, JAVIER Home CADETE GALLO NATURAL SPORT SADA
VERDE COSTAS, RUBEN Home CADETE GALLO PATIÑO-MOAÑA
MEILAN IRAGO, SAMUEL Home CADETE GALLO TAO
LOUREIRO LOPEZ, CHRISTIAN Home CADETE LIGERO BOUDSPORT
BARBOSA RODRIGUEZ, DAVID MANUEL Home CADETE LIGERO BUDO CASTRELOS
MOUZO PEREZ, ISAAC Home CADETE LIGERO CENTER
CONDE ABAD, MARTIN Home CADETE LIGERO COUTO
RAMAS MOURELLE, XABIER Home CADETE LIGERO GARRAPUCHO
PIÑEIRO SILVA, IVAN Home CADETE LIGERO KIDO SPORT
BARREIRO SANCHEZ, MARCELO Home CADETE LIGERO KWON
MARTINEZ SOBRIDO, BRAIS Home CADETE LIGERO NATURAL SPORT RIBEIRA
GARCIA DE LA LLERA, IKER Home CADETE LIGERO NATURAL SPORT RIBEIRA
MELLA RODRIGUEZ, IAGO Home CADETE LIGERO NATURAL SPORT SADA
SANTOME MAGALLANES, AARON Home CADETE LIGERO PATIÑO-MOAÑA
SILVA SOUTULLO, CHRISTIAN Home CADETE MEDIO KIDO SPORT
GARCIA TIZON, HUGO Home CADETE MEDIO KWON
REJO GONZALEZ, EDUARDO Home CADETE MEDIO MACE SPORT
TROITIÑO AMOEDO, SERGIO Home CADETE MEDIO MAT'S
AVILES SANTOS, MARCOS Home CADETE MEDIO NATURAL SPORT RIBEIRA
GOLOBARDAS JUNCAL, ADRIAN Home CADETE MEDIO PATIÑO-MOAÑA
LEDO ARZUA, AARON Home CADETE MEDIO TAEKANART
FEIJOO GOMEZ, JULIAN Home CADETE MINIMOSCA COUTO
SANCHEZ RODRIGUEZ, BRAIS Home CADETE MINIMOSCA COUTO
PENA PEREIRA, DAVID Home CADETE MINIMOSCA GARRAPUCHO
GIL VAZQUEZ, IAGO Home CADETE MINIMOSCA HEBE
MAHIA VAZQUEZ, TOMAS Home CADETE MINIMOSCA KWON
VIDAL TORRES, ANXO Home CADETE MINIMOSCA NATURAL SPORT RIBEIRA
RAMOS OUJO, FRANCISCO Home CADETE MINIMOSCA NATURAL SPORT RIBEIRA
PAZ ALBORES, MANUEL Home CADETE MINIMOSCA NATURAL SPORT RIBEIRA
JIMENEZ PONCE, CARLOS Home CADETE MINIMOSCA NATURAL SPORT SADA
MEIJIDE COUTO, IVAN Home CADETE MINIMOSCA NATURAL SPORT SADA
PAREDES COLLAZO, JUAN Home CADETE MINIMOSCA SEUNGSPORT
VILAN MANCUELLO, MATIAS Home CADETE MINIMOSCA TAEKANART
LOPEZ BARTOL, ALAN Home CADETE MINIMOSCA TAO
GIL VAZQUEZ, IAGO Home CADETE MOSCA HEBE
OTERO SOUSA, JAVIER Home CADETE MOSCA KAE SPORT
DIEGUEZ RUA, ALVARO Home CADETE MOSCA KIAP
MARTINEZ ZAMORA, LUCAS Home CADETE MOSCA KIAP
NOVO MORUJA, CARLOS Home CADETE MOSCA MACE SPORT
MARTINEZ SUAREZ, ADRIAN Home CADETE MOSCA MACE SPORT
REMUIÑAN LAMAS, IGNACIO Home CADETE MOSCA NATURAL SPORT RIBEIRA
RIOS RIVEIRO, MATEO Home CADETE MOSCA NATURAL SPORT RIBEIRA
GARCIA TUBIO, PABLO Home CADETE MOSCA NATURAL SPORT RIBEIRA
SANTOS RUIZ, MANUEL Home CADETE MOSCA NATURAL SPORT RIBEIRA
MARTIN GONZALEZ, ALBERTO Home CADETE MOSCA NATURAL SPORT SADA
IGLESIAS VACAS, HECTOR Home CADETE MOSCA OZONO BOIRO CD
RIAL FERNANDEZ, JUSTIN Home CADETE MOSCA OZONO BOIRO CD
LORENZO OZORES, MANUEL Home CADETE MOSCA SUH SPORT
CANOSA GARCIA, BRAIS Home CADETE MOSCA SUH SPORT
PEREIRA GONZALEZ, ADONAIS Home CADETE MOSCA TAO
TRIGO VILLAR, HUGO Home CADETE PESADO MANIOTAS-NOIA
LESTAYO BUGALLO, UNAI Home CADETE PESADO MANIOTAS-NOIA
CALO OTERO, ALONSO Home CADETE PESADO NATURAL SPORT RIBEIRA
GONZALEZ DELAS, OSCAR CAMERON Home CADETE PESADO SUH SPORT
IGLESIAS DOVAL, JULIO Home CADETE PLUMA COUTO
ALVAREZ CATRUFO, ALBERTO Home CADETE PLUMA DOBOK
PAN VILARIÑO, ALEJANDRO Home CADETE PLUMA DOBOK
SANCHEZ SANTOS, HUGO Home CADETE PLUMA HEBE
PEREZ CADENAS, HUGO Home CADETE PLUMA KAE SPORT
ANTOLIN CARRACEDO, ADRIAN Home CADETE PLUMA KIAP
RODRIGUEZ GONZALEZ, DIEGO Home CADETE PLUMA MACE SPORT
GONZALEZ GARCIA, DIEGO Home CADETE PLUMA MACE SPORT
FRANCO MARTINEZ, BORJA DOMINGO Home CADETE PLUMA NATURAL SPORT RIBEIRA
PEREIRA GRAÑA, RAUL MARCIAL Home CADETE PLUMA SARES TKD CANGAS
PAZOS AMOEDO, ALEX Home CADETE PLUMA TAEKANART
MENDEZ LEIS, SAMUEL Home CADETE SEMIMEDIO ARTE E MOVEMENTO
VARELA RIVAS, JAVIER Home CADETE SEMIMEDIO BOUDSPORT
SANMARTIN BOLAÑO, BREOGAN Home CADETE SEMIMEDIO COUTO
GARCIA GARCIA, ABEL Home CADETE SEMIMEDIO NATURAL SPORT RIBEIRA
MEIJIDE COUTO, RAUL Home CADETE SEMIMEDIO NATURAL SPORT SADA
FERNANDEZ MENDUIÑA, DARIO Home CADETE SEMIPESADO HEBE
BATISTA EMBOIRIK, EDGAR Home CADETE SEMIPESADO NATURAL SPORT RIBEIRA
BOTANA PAZOS, MANUEL Home CADETE SEMIPESADO TKDENODO
DE LA IGLESIA GARCIA, XOEL Home CADETE SUPERLIGERO ARTE E MOVEMENTO
GOMEZ REY, ANDRES Home CADETE SUPERLIGERO AS SPORT
GONZALEZ DOMINGUEZ, OMAR Home CADETE SUPERLIGERO BUDO CASTRELOS
CAMINO LOGROÑO, LOIS Home CADETE SUPERLIGERO MACE SPORT
SALANOVA LISTE, ADRIAN Home CADETE SUPERLIGERO MANIOTAS-NOIA
CAAMAÑO MARTINEZ, ARES Home CADETE SUPERLIGERO MANIOTAS-NOIA
LIGERO TABOADA, ALEJANDRO Home CADETE SUPERLIGERO MAT'S
BRION CAMEAN, UNAI Home CADETE SUPERLIGERO NATURAL SPORT RIBEIRA
ALVAREZ FERNANDEZ, DIEGO Home CADETE SUPERLIGERO NATURAL SPORT SADA
DIEGUEZ VEIRAS, CARLA Muller CADETE GALLO BOUDSPORT
PAZOS PAVON, IRIA Muller CADETE GALLO MAT'S
ROO FERRER, VANESA Muller CADETE GALLO NATURAL SPORT RIBEIRA
ABELLEIRA MALLO, AROA Muller CADETE GALLO NATURAL SPORT RIBEIRA
CHAPELA VILAS, ANDREA Muller CADETE GALLO PATIÑO-MOAÑA
JARES COSTAS, CLAUDIA Muller CADETE GALLO PATIÑO-MOAÑA
OLIVEIRA FERNANDEZ, DANIELA Muller CADETE GALLO SEUNGSPORT
PEREZ VILLAR, MIRIAM Muller CADETE GALLO TAO
MUIÑOS AGUIAR, RAQUEL Muller CADETE LIGERO CENTER
FERREIRO DOMINGUEZ, MARIA Muller CADETE LIGERO COUTO
PENA BERNAL, LUCIA Muller CADETE LIGERO DOBOK
BOUZAS FERNANDEZ, TANIA Muller CADETE LIGERO KAE SPORT
GARCIA REYES, LUCIA Muller CADETE LIGERO KWON
IMPARATO POMARES, ALESSANDRA Muller CADETE LIGERO MACE SPORT
SEIJO MARTIN, IRIA Muller CADETE LIGERO PATIÑO-MOAÑA
PAZ CHAPELA, ADRIANA Muller CADETE LIGERO SARES TKD CANGAS
BASTOS PUERTAS, AREA Muller CADETE LIGERO SEUNGSPORT
RIQUELME ROLON, ALANIS VICTORIA Muller CADETE MEDIO AS SPORT
SUAREZ MOSQUERA, ELIANA Muller CADETE MEDIO BOUDSPORT
BLANCO SANCHEZ, OLAYA Muller CADETE MEDIO BOUDSPORT
GARCIA RODRIGUEZ, AINOHA Muller CADETE MEDIO COUTO
MARTINEZ FERNANDEZ, FATIMA Muller CADETE MEDIO COUTO
RODRIGUEZ IGLESIAS, VALERIA Muller CADETE MEDIO DOBOK
IGLESIAS PEREZ DE LAMA, ANA TERESA Muller CADETE MEDIO KIAP
CORTES GIL, TANIA Muller CADETE MEDIO KWON
LAIÑO MARTINEZ, PAULA Muller CADETE MEDIO MANIOTAS-NOIA
SANCLEMENTE POUSA, CARLA Muller CADETE MEDIO PATIÑO-MOAÑA
OTERO REFIGIO, SILVIA Muller CADETE MINIMOSCA MAT'S
BARREIRO BESADA, PAULA Muller CADETE MINIMOSCA NATURAL SPORT RIBEIRA
SANTAMARIA PEREZ, CARME Muller CADETE MOSCA NATURAL SPORT RIBEIRA
FERNANDEZ SALGADO, NOA Muller CADETE MOSCA SARES TKD CANGAS
CUBAS GARCIA, ELENA Muller CADETE MOSCA SUH SPORT
GOMEZ REY, LUCIA Muller CADETE PESADO AS SPORT
DEL OJO CARRO, MICHELLE Muller CADETE PESADO HEBE
PENAS CONDE, LAURA Muller CADETE PESADO KWON
SAMPEDRO PEREZ, THALIA Muller CADETE PESADO NATURAL SPORT RIBEIRA
CERNADAS AGEITOS, NURIA Muller CADETE PESADO NATURAL SPORT RIBEIRA
GARCIA MARIÑO, ANA Muller CADETE PESADO OZONO BOIRO CD
LEMOS GONZALEZ, ANTIA Muller CADETE PESADO SARES TKD CANGAS
GARRIDO AGULLA, SHEYLA Muller CADETE PESADO SARES TKD CANGAS
BOUZAS SILVA, SANDRA Muller CADETE PESADO SUH SPORT
DIEGUEZ VEIRAS, CLAUDIA Muller CADETE PLUMA BOUDSPORT
NUÑEZ PEREZ, NEREA Muller CADETE PLUMA KWON
ANTELO DOMINGUEZ, MARIA ENGRACIA Muller CADETE PLUMA MANIOTAS-NOIA
IGLESIAS LLORENTE, ENERITZ Muller CADETE PLUMA MAT'S
MONTEMUIÑO MARTINEZ, LUCIA Muller CADETE PLUMA NATURAL SPORT RIBEIRA
PARADA GARCIA, YAIZA Muller CADETE PLUMA NATURAL SPORT RIBEIRA
LOPEZ PEQUEÑO, TANIA Muller CADETE PLUMA PATIÑO-MOAÑA
PAREDES COLLAZO, GALA Muller CADETE PLUMA SEUNGSPORT
GARCIA SUAREZ, HELENA Muller CADETE SEMIMEDIO DOBOK
SANCHEZ MARTINEZ, ANTIA Muller CADETE SEMIMEDIO KIDO SPORT
SANJORGE BOULLOSA, AIXA Muller CADETE SEMIMEDIO MAT'S
LIGERO TABOADA, ALBA Muller CADETE SEMIMEDIO MAT'S
QUEIRUGA DIEZ, ANTIA Muller CADETE SEMIMEDIO NATURAL SPORT RIBEIRA
MONTEMUIÑO MARTINEZ, IRENE Muller CADETE SEMIMEDIO NATURAL SPORT RIBEIRA
YE YE, LEYI Muller CADETE SEMIMEDIO PATIÑO-MOAÑA
VILARNOVO ALLAL, SUSANA Muller CADETE SEMIMEDIO SUH SPORT
VIQUEIRA POSE, ABRIL Muller CADETE SEMIPESADO BOUDSPORT
RUA NOVAS, UXIA Muller CADETE SEMIPESADO HEBE
POMBO MIGUELEZ, MIREIA Muller CADETE SEMIPESADO MANIOTAS-NOIA
IGLESIAS RIAL, CLOE Muller CADETE SEMIPESADO PATIÑO-MOAÑA
COSTAS MOLDES, LENA Muller CADETE SEMIPESADO SARES TKD CANGAS
OTERO RODRIGUEZ, ZAIDA Muller CADETE SEMIPESADO TKDENODO
CAMPELLO GONZALEZ, TATIANA Muller CADETE SEMIPESADO VALERICS
SONEIRA BALADO, SARA Muller CADETE SUPERLIGERO BOUDSPORT
RODRIGUEZ IGLESIAS, IRIA Muller CADETE SUPERLIGERO HEBE
GONZALEZ RIVEIRO, INES Muller CADETE SUPERLIGERO MACE SPORT
BELLU LEIS, NATASHA Muller CADETE SUPERLIGERO MANIOTAS-NOIA
REIMUNDEZ QUEIMADELOS, YADIRA Muller CADETE SUPERLIGERO MAT'S
VILLAVERDE VARELA, NATALIA Muller CADETE SUPERLIGERO NATURAL SPORT RIBEIRA
RIAL FERNANDEZ, NEREA Muller CADETE SUPERLIGERO OZONO BOIRO CD
PENA RIOS, SARA Muller CADETE SUPERLIGERO PATIÑO-MOAÑA
CHAPELA GUIMERANS, VALERIA Muller CADETE SUPERLIGERO SARES TKD CANGAS
LOPEZ OBREGON, TIRSA FERNANDA Muller CADETE SUPERLIGERO SUH SPORT
VAZQUEZ MARTINEZ, ARON Home SUB-21 GALLO KWON
PREGO PENA, IZAN Home SUB-21 GALLO KWON
PAZOS PAVON, ARTAI Home SUB-21 GALLO MACE SPORT
CANABAL BLANCO, HECTOR Home SUB-21 GALLO MACE SPORT
QUINTELA PIÑEIRO, ADRIAN Home SUB-21 GALLO MAT'S
PATIÑO POMBAL, PABLO Home SUB-21 GALLO PATIÑO-MOAÑA
MARIÑO IGLESIAS, KEVIN Home SUB-21 GALLO SARES TKD CANGAS
RODRIGUEZ PINTOS, YERAI Home SUB-21 GALLO TAEKANART
ARGIBAY MONTERO, NICOLAS Home SUB-21 GALLO TAEKANART
OTERO OTERO, DANIEL Home SUB-21 GALLO TKDENODO
GARCIA ALVAREZ, GABRIEL Home SUB-21 LIGERO AS SPORT
REGUEIRO CAAMAÑO, ALVARO Home SUB-21 LIGERO BOUDSPORT
MOSQUERA SANCHEZ, DANIEL Home SUB-21 LIGERO BOUDSPORT
CARRO BARREIRO, FRANZ Home SUB-21 LIGERO KWON
GONZALEZ GARCIA, JAVIER Home SUB-21 LIGERO MACE SPORT
ORTIGUEIRA CAO, OSCAR Home SUB-21 LIGERO MANIOTAS-NOIA
IGLESIAS ALVAREZ, BRAIS Home SUB-21 LIGERO NATURAL SPORT RIBEIRA
RODRIGUEZ POUSADA, MAURO Home SUB-21 LIGERO SARES TKD CANGAS
COSTADO COEGO, ALEJANDRO Home SUB-21 LIGERO SUH SPORT
RODRIGUEZ BARCALA, IVAN Home SUB-21 LIGERO TAEKANART
ROBLES IGLESIAS, DANIEL Home SUB-21 MEDIO BUNKAI
CORRALES FERREIRO, DANIEL Home SUB-21 MEDIO PATIÑO-MOAÑA
LOURIDO BASTOS, VITOR Home SUB-21 MEDIO TKDENODO
VEREA SEIJAS, ALBERTO RAMON Home SUB-21 MINIMOSCA MANIOTAS-NOIA
FERNANDEZ GOMEZ, ALEJANDRO Home SUB-21 MINIMOSCA MANIOTAS-NOIA
PAZ ALBORES, ALEJANDRO Home SUB-21 MINIMOSCA NATURAL SPORT RIBEIRA
ROMERO BOUZAS, ANTON Home SUB-21 MINIMOSCA NATURAL SPORT RIBEIRA
GARCIA TORRES, JOSE Home SUB-21 MINIMOSCA NATURAL SPORT RIBEIRA
GONZALEZ BARBOSA, BRAYAN Home SUB-21 MOSCA AS SPORT
VARELA MIRAS, RODRIGO Home SUB-21 MOSCA BOUDSPORT
GARCIA FERNANDEZ, IVAN Home SUB-21 MOSCA MANIOTAS-NOIA
PORTABALES TEIXEIRA, RAUL Home SUB-21 MOSCA MAT'S
MARTINEZ LIJO, DIEGO Home SUB-21 MOSCA NATURAL SPORT RIBEIRA
GONZALO MARTIN, SERGIO Home SUB-21 MOSCA NATURAL SPORT RIBEIRA
DIAZ DEL NOZAL, VICENTE LAURENTINO Home SUB-21 MOSCA NATURAL SPORT RIBEIRA
TORRADO MARTINEZ, JAVIER Home SUB-21 MOSCA SUH SPORT
QUINTELA MUÑIZ, JESUS Home SUB-21 MOSCA TAEKANART
POUSADA COUTO, EMILIO Home SUB-21 PESADO MACE SPORT
VEIGA FREIRE, JESUS MANUEL Home SUB-21 PESADO MANIOTAS-NOIA
LIJO SANLES, DIEGO Home SUB-21 PESADO NATURAL SPORT RIBEIRA
FRANCO GULIAS, BRIAN Home SUB-21 PESADO TAEKANART
IGLESIAS COSQUET, SERGIO Home SUB-21 PLUMA AS SPORT
MARTINEZ GARCIA, SAMUEL ALEJANDRO Home SUB-21 PLUMA AS SPORT
PITA ROS, YAGO Home SUB-21 PLUMA MACE SPORT
GUARDADO COLLAZO, BRAIS Home SUB-21 PLUMA SARES TKD CANGAS
REMUIÑAN LAMAS, ANGEL Home SUB-21 SEMIMINIMOSCA NATURAL SPORT RIBEIRA
PINO PEREZ, BRAYAN Home SUB-21 SEMIMINIMOSCA SEUNGSPORT
BAUTISTA DIOS, ALBERTO Home SUB-21 SEMIMINIMOSCA TAO
UBEIRA BENAVIDES, ANTONIO Home SUB-21 SUPERLIGERO AS SPORT
TROITIÑO AMOEDO, RUBEN Home SUB-21 SUPERLIGERO MAT'S
POMBO ROMERO, ADRIAN Home SUB-21 SUPERLIGERO NATURAL SPORT RIBEIRA
SCHMIDT GUEVARA, ANAHI ELENA Muller SUB-21 GALLO KWON
OGEA COSTAS, UXIA Muller SUB-21 GALLO MACE SPORT
ORTIZ BENITO, ARLET Muller SUB-21 GALLO MAT'S
OUTEIRAL CURRAS, LIDIA Muller SUB-21 GALLO SARES TKD CANGAS
PEREZ PARRADO, ALMA MARIA Muller SUB-21 GALLO SUH SPORT
LAGO SOBRADELO, LAURA Muller SUB-21 LIGERO AS SPORT
GARCIA RODRIGUEZ, ZAYRA Muller SUB-21 LIGERO MANIOTAS-NOIA
GARCIA MARTINEZ, CATIA Muller SUB-21 LIGERO MAT'S
LOSADA MOLEDO, CELIA Muller SUB-21 LIGERO MAT'S
RODRIGUEZ GARCIA, UXIA Muller SUB-21 LIGERO MOO DUK KWAN
DOSIL GAGO, ANA Muller SUB-21 LIGERO NATURAL SPORT RIBEIRA
PEREZ MARIÑO, MONICA Muller SUB-21 LIGERO NATURAL SPORT RIBEIRA
GARCIA VIDAL, MIRYAM Muller SUB-21 LIGERO PATIÑO-MOAÑA
GONZALEZ DE VILAS BOAS, MARIA Muller SUB-21 LIGERO PATIÑO-MOAÑA
MUÑOZ PEREZ, LAURA Muller SUB-21 LIGERO SEUNGSPORT
FUENTESECA LEGIDE, VALERIA Muller SUB-21 LIGERO VALERICS
PEREZ RIESCO, SOFIA Muller SUB-21 MEDIO NATURAL SPORT RIBEIRA
CALVO RIOS, BARBARA Muller SUB-21 MEDIO PATIÑO-MOAÑA
TOUCEDO LADO, SARA Muller SUB-21 MINIMOSCA MANIOTAS-NOIA
OTERO REFIGIO, CRISTINA Muller SUB-21 MINIMOSCA MAT'S
PEREZ ALCALDE, ELENA Muller SUB-21 MINIMOSCA NATURAL SPORT RIBEIRA
REY CALO, ZORAIDA Muller SUB-21 MINIMOSCA OZONO BOIRO CD
GONZALEZ NOVOA, MARIA Muller SUB-21 MOSCA COUTO
CORTEGOSO LIMA, SARA Muller SUB-21 MOSCA MACE SPORT
MUÑIZ SEVARES, ALBA Muller SUB-21 MOSCA OZONO BOIRO CD
CASTIÑEIRA ETCHEVERRIA, TANIA MARIA Muller SUB-21 PESADO HEBE
MAROÑAS NUÑEZ, MARTINA Muller SUB-21 PESADO NATURAL SPORT RIBEIRA
FERRADAS DEL OJO, SARA Muller SUB-21 PESADO PATIÑO-MOAÑA
MORENO CAMPO, SILVIA Muller SUB-21 PESADO VALERICS
GACIO CENDAL, SARA Muller SUB-21 PLUMA BOUDSPORT
OTERO CASTELO, LAURA Muller SUB-21 PLUMA E. D. POIO
GARCIA LAGO, AINOA Muller SUB-21 PLUMA NATURAL SPORT RIBEIRA
TRIGO CARBALLO, LETICIA Muller SUB-21 PLUMA PATIÑO-MOAÑA
PAZ CHAPELA, GEMA Muller SUB-21 PLUMA SARES TKD CANGAS
SANCHEZ GONZALEZ, ANTIA Muller SUB-21 PLUMA SUH SPORT
GONZALEZ PEREZ, VERONICA Muller SUB-21 SEMIMINIMOSCA SUH SPORT
PARDO DOS SANTOS, LORENA Muller SUB-21 SUPERLIGERO GARRAPUCHO
DOSIL GAGO, LAURA Muller SUB-21 SUPERLIGERO NATURAL SPORT RIBEIRA
RODRIGUEZ MANEIRO, MARIA DEL PILAR Muller SUB-21 SUPERLIGERO NATURAL SPORT RIBEIRA
  • Publicado en Novas

Galicia, gañadora do Open de España nas categorías cadete e júnior

Galicia volveu amosar o seu potencial no Open de España das categorías cadete e júnior. As seleccións galegas lograron a primeira posición en ambas categorías (cadete e júnior) e da forma máis rotunda posible (na categoría masculina, feminina e na xeral). Na categoría cadete Galicia acadou un total de 6 ouros, unha prata e e tres bronces, mentres que na júnior houbo 15 medallas (seis ouros, catro pratas e 5 bronces).

Cadete. Grandísimo o papel desenvolvido pola selección cadete. Na categoría feminina as nosas deportistas sumaron un total de catro ouros e un bronce. Silvia Otero (Mat’s) logrou a primeira posición en -29 quilogramos, tras vencer na final a Alba Jia Baz (TKD Molero) por 1-0. En primeira rolda gañou a Helena Gadea (2-4) e posteriormente a Sofía García (1-0).

 

Irene Montemuíño (Natural Sport, -51) tamén logrou a primeira posición no seu peso. Superou a primeira rolda fronte a Iraya Peque (Asturias) por 6-18 e na seguinte a Angels García (1-17). Na semifinal eliminou á asturiana Varga (8-18) e na final venceu á tinerfeña Vanella Pimienta (9-6).

 

Ainhoa García (Couto, -55) acadou o terceiro ouro galego feminino en cadete. A deportista do Couto gañou en primeira rolda a María José Pons (Deportivo Olimpo) por 2-12 e posteriormente á madrileña Nerea Fernández (3-18). Na semifinal foi mellor que Thais Martínez (6-0) e na final, moi superior a Ariadna Arrondo (Escuela Taekwondo Castejón), con un contundente 11-1.

 

O cuarto ouro foi para Cloe Iglesias (Patiño, -59) gañou en primeira rolda a Paula Serrat con enorme rotundidade (10-23); en semifinal a Carlota Delva (3-16) e na final xa sufriu un pouco ante Paula Torregrosa (8-7).

 

O bronce cadete feminino foi para Lucía Montemuíño (Natural Sport, -41) que gañou no primeiro combate Andrea García por 14-7, despois a Sofia Potapova (Asturias) por 25-6 e en oitavos a Paula López (4-9). Caeu na semifinal contra Ángela Alonso (Federación Riojana) por 8-3.

 

En cadete masculino, houbo dous ouros, unha prata e dous bronces. Julián Feijóo (Couto, -33 quilogramos) logrou a primeira posición nun competido e numeroso peso. En primeira rolda superou a Martí Navas (6-18); en segunda ao madrileño Fernández (25-13) e en semifinais ao balear Jesús Garrido (4-9). Na final venceu a José Campaña (Andalucía) nun rifado combate que se decidiu no punto de ouro.

 

En -41 quilogramos tivemos unha final galega, con Javier Jiménez (Natural Sada) e Samuel Meilán (Tao) coma protagonistas.

Javier Jiménez gañou no primeiro combate a Ismael Sambartolomé por un apertado 8-7, e posteriormente superou a Pepe Ortiz por 14-8. Na semifinal gañou ao murciano Pablo Cerón (11-9) e na final gañou ao seu compañeiro de selección, Samuel Meilán, por 18-8.

 

 Pola súa banda, Samuel comezou o Open eliminando con absoluta superioridade a Ismael Olivares (20-0). En segunda rolda venceu ao balear Aymeric Holvoet (25-5) e en cuartos de final ao alemán Simon Laubhold (10-8). A semifinal foi contra Iván Albert (7-8) e na final non puido con Javier.

 

Ademais houbo dous bronces en -49 quilogramos, que foron para Martín Conde (Couto) e David M. Barbosa (Budo Castrelos). Martín Conde eliminou o punto de ouro a David García no primeiro combate, e no segundo superou a Víctor Zamora (4-7). Nos cuartos garantizou a súa medalla ao gañar a Loris Ribreau (18-10), pero en semifinais caeu ante o portugués Guillermo Freire.

 

Barbosa caeu en semifinais contra o representante de Madrid, Jesús Fraile, quen acadou o título. Antes venceu nas dúas roldas anteriores con bastante soltura: A Dani Domínguez por 1-12 e a Guillem García (9-15).

 

Júnior. Na categoría júnior houbo 15 medallas (seis ouros, catro pratas e 5 bronces) e Galicia logrou a primeira posición por equipos na categoría masculina, feminina e na xeral. E iso a pesar de que non acudiron a esta cita os clasificados para o Mundial júnior, para evitar unha posible lesión a poucos días da cita mundialista.

 

Brais Iglesias (-78, Natural Sport) acadou a medalla de ouro no seu peso. Venceu en primeira rolda a David García (3-2) e na semifinal a Alexis Fabián Sandu (7-14). A final foi contra o catalá Andreu Pérez e gañou por K.O.

 

En -73 quilogramos, Iván Rodríguez (Taekanart) logrou a medalla de ouro. En cuartos de final gañou a Alberto Carlos Ailisoaie (13-15), na semifinal a Kyle Clarence Camorongan (5-12) e na final ao andaluz Manuel Aranda (8-11).

 

Javier Torrado (-59, Suh Sport) logrou a medalla de ouro tras realizar catro intensos combates. En oitavos gañou a Camilo Cardona de Baleares (12-9), en cuartos a Jofre Salanova do TKD Jorsan (12-10) e na semifinal a Rubén López, do Koryo Torre Pachego (13-6). A final foi contra Alberto Toledo de Tkd Alcalá e venceu no punto de ouro despois dun 8-8.

 

Alejandro Paz (-51, Natural Sport) venceu no Open de España. Gañou en primeira rolda ao brasileiro Víctor Kazuya Ishihara (7-21) e despois a Aday Pérez por 6-0. Na semifinal superou ao madrileño Antonio Cardoncio (29-10) e na final a Cristian Jurado de Baleares (9-4). Ouro para Paz.

 

Alma Pérez (Suh Sport) logrou o triunfo no Open de España en -52 quilogramos. En primeira rolda gaña a Teodora Andrea (20-11); en oitavos enfróntase a Carmen Lopez onde vence por K.O. de puntos (22-1) e en cuartos supera a Judit Merlo (15-8). Na semifinal ten como rival a Ainoa Escribano e gaña por K.O. de puntos (22-1) e na final volve a ser moi superior contra  Lorena Macía (22-14).

 

Tania Castiñeira (+68, Hebe) logrou o ouro no Open de España tras vencer en tres combates e de forma moi folgada. No primeiro superou a Judith Ortiz (6-1); posteriormente a Neus Domenech (5-2) e na final a Silvia Boix (Cataluña) por 3-11.

 

Houbo dúas medallas en -55 masculino. Anxo Díaz (Garrapucho) acadou a prata tras vencer en tres combates con gran seguridade (Daniel Madrid, Andoni Solano e o galego Carlos Medranda). Na final Anxo caeu ante o arxentino Javier Acuña (5-25).

 

Pola súa banda Carlos Medranda (Mace Sport) tivo que superar tres combates para meterse na semifinal: Venceu ao balear Carlos Aguilera (1-4), Víctor Ramírez de Castela a Mancha (8-13) e a Salvador Rodríguez (7-18).

 

No peso pesado, Jesús Manuel Veiga (Maniotas) logrou a medalla de prata. Venceu en cuartos a Daniel Murillo (12-7) e na semifinal a Rodrigo Ibáñez (11-2). Na final foi derrotado por Joaquin Francisco Fenollar, , nun axustado combate.

 

María González (-49, Couto) venceu en primeira rolda a Ana Sáenz (17-8) e a balear Selena Ortega no punto de ouro. Na semifinal superou a Nagore Iglesias (32-10). Na final perdeu pola mínima contra a alemá Asli Coskun.

 

Izán Prego (-63, Kwon) tivo que vencer en tres combates para garantir a súa medalla de bronce nun peso moi concurrido. Gañou a Rafael Armero (5-23), ao galego Adrián Quintela (20-14) e ao arxentino Lautaro Díaz (6-21). Perdeu ante o catalá Adrián Madrueño (13-2).

 

Sergio Iglesias (-68, As Sport) logrou a medalla de bronce tras superar a Alejandro Carretero (13-9). Na semifinal caeu ante Jon Fernández (3-6).

 

Sara Gacio (-55, Boudsport) vence en tres combates e asegurou así a medalla de bronce. Gañou no primeiro combate á navarra Andrea Izurdiaga (6-3); despois á catalá Ester Asensio (2-3) e a Marta Arriagada (6-2). Foi derrotada na semifinal por Paula Temida, no punto de ouro.

 

Elena Pérez (-46, Natural Sport) logrou a medalla de bronce tras vencer en dous combates: A catalá Judith Iñiguez (3-5) e a Lucía Triano (4-3). Elena Currás (-44, Patiño) logrou a medalla de bronce tras gañar a Abril Villar por 19-9.

 

 

 

  • Publicado en Novas

Magnífico papel das seleccións galegas de técnica e freestyle no Open de España

Magníficos resultados da selección galega de técnica e de freestyle na primeira xornada do  Open de España, que se está a celebrar esta fin de semana en Alacante.

Técnica

Na categoría cadete, Alejandro Fernández (Escola Lucense) acadou a medalla de ouro, mentres que Tomás Fernández (Kiap) foi prata e houbo tres bronces: Nuria García (Escola Lucense), a parella formada por Samuel Meilán e Laura González (Tao) e para o trío (Aarón Bóveda, Iago Fraga e Samuel Meilán, do Kiap e Tao).

Na categoría júnior, o trío formado por Álvaro Portela, Manuel Paz e Gabriele Santomé (Hebe) logrou o primeiro posto, mentres que Gabriel Tembrás (Moo Duk Kwan) foi prata e a parella formada por Álvaro Portela e Bárbara di Martino (Hebe) e o trío feminino (Raquel Losada, Andrea Moscoso e Fátima Rodríguez, do Tao) lograron sendas medallas de bronce.

En sénior 1, os Alejandros volveron a amosar o seu magnífico nivel. Alejandro Losada Rodríguez  (Neka) logrou a medalla de prata, mentres que Alejandro Losada García (Tao)foi bronce, e Marcos Silva (Mace Sport), tamén ocupou a terceira posición. Ademais, a parella foi Tao formada por Andrea Vilas e Alejandro Losada conseguiu a primeira posición, mentres que a do Neka (Alejandro e Elena Varela) foi prata e o podio completamente galego compretouse con Alicia Pérez e Jorge Posada (Tao) e Eirim Vaamonde e Aitor Priego (Yidam), que lograron as medallas de bronce.

En sénior 2, máis éxitos galegos. Samuel Meilán e Nerea Alamancos (ambos do Tao) sumaron tres medalla de ouros: A nivel  individual (masculino e feminino) e en parella 2. Ademais, o trío 2 feminino formado por Vanesa Ortega, Sonia Pérez e Noelia Pérez logrou subirse ao chanzo máis alto do podio coa medalla de ouro.  Vanesa Ortega (Hebe) foi prata en sénior 2 .

E rematamos a colleita de medallas en poomsae cos máster: Sonia Pérez (Hebe) logrou a prata en máster 1; Esperanza Fernández (Couto) foi bronce en máster 2 e Encarnación Quintela (Hebe) logrou a prata en máster 4.

En freestyle a selección galega volveu dominar no Open. En -17 anos Manuel Paz (Hebe) e Celia García (Tao) lograron a medalla de ouro, mentres que Gabriel Tembrás (Moo Duk Kwan) e Bárbara Di Martino (Hebe) foron prata  e Tomás Fernández (Kiap) e Ángel López (que viaxaba co seu club, Mace Sport) lograron a medalla de bronce.  En parella – 17 anos, Tembrás e e Bea Felpeto (Moo Duk Kwan) lograron a medalla de prata, mentres que Bárbaro Di Martino e Manu Paz (Hebe) lograron a medalla de bronce.

En máis de 18 anos, a nivel individual, Eirim Vaamonde (Yidam) logrou a medalla de ouro, mentres que Elena Varela (Neka) foi prata e Marcos Silva (Mace Sport) sumou a medalla de bronce. A parella de +18 anos formada por Andrea Vilas e Samuel Alves (Tao) lograron a primeira posición, mentres que Aitor Priego e Eirim Vaamonde (Yidam) foron bronce.

Por último, sinalar que o quinteto do Tao (formado por Manuel Rodríguez,  Alicia Pérez, Samuel Alves, Alejandro Losada e Andrea Vilas) acadou a medalla de ouro.

  • Publicado en Novas

Máis de 150 taekwondistas galegos participarán esta fin de semana no Open de España en Alacante

A selección galega participará esta fin de semana (23, 24 e 25 de marzo) no 16º Open de España de combate,  técnica e freestyle, que se celebrará en Alacante (pavillón Pedro Ferrandiz - Centro de Tecnificación). Ademais das e dos deportistas que conforman a selección galega (148 deportistas), os clubs galegos tamén levan a taekwondistas que non puideron entrar na selección, polo que ao final estarán máis de 150 deportistas galegos. Ademais tamén teremos presenza do estamento arbitral galego. Só para técnica estarán Adrián Alonso, Francisco Tilve e Daniel Paredes; mentres que Noelia Gómez, Conchy Martínez, Miguel Aneiros e María Bautista dirixirán en técnica e combate. Este Open está recoñecido pola Federación Mundial como proba da categoría G1, puntuable para a clasificación para os Xogos Olímpicos de Tokio 2020.

 

Serán tres días moi intensos, con competicións dende primeira hora da mañá. O venres 23 de marzo celebrarase o Open da modalidade de técnica adulto (cadete, júnior, sénior 1 e 2; máster 1, 2, 3 e 4) e freestyle, cun total de 323 inscritos. A Federación Galega de Taekwondo despraza a un equipo formado por 46  deportistas e 4 técnicos coa firme intención de subirse ao podio, tal e como xa sucedeu no Campionato de España. A selección galega está viaxando neste momento.

 

O sábado 24 será a quenda para a categoría cadete de combate (con 35 galegos na selección) e júnior (40 integrantes na selección galega) cun total de 758 deportistas inscritos. As e os nosos representantes viaxan coa ilusión de loitar polos primeiros postos, tal e como ven facendo habitualmente. O combinado galego sairá esta noite en dirección a Alacante.

 

O domingo 25, último día do Open, competirán os sénior, nunha proba na que están inscritos máis de 430 taekwondistas de todo o mundo. Galicia presenta unha selección competitiva formada por 22 deportistas da categoría absoluta,  aínda que o nivel que atoparán fará que sexa moi complexo acadar unha medalla. O Open de España é unha proba G-1, polo que outorga puntos para o ranking mundial e haberá deportistas de todo o mundo. Rusia, USA, San Marino, Brasil, Alemaña, Turquía, Hungría, Libia, Panamá, Ucraína, Italia, Irlanda, Lituania, Grecia, Austria, Porto Rico, Canadá, Gran Bretaña, Perú, Marrocos, Chile, Colombia, Serbia, Portugal son algúns dos países inscritos neste prestixioso torneo.

 

No pasado Open de España sénior Galicia acadou un total de sete medallas (2 pratas e 5 bronces). Iván García e Pablo Fernández lograron as pratas, mentres que os bronces foron para Laura Lorenzo, Katia Calvar, Manuel Parada, José Fernández e Rubén Troitiño.

 

 

No seguinte enlace tedes as convocatorias galegas que viaxan a Alacante.

 

http://www.taekwondogalego.com/fegatae2015/index.php/ximnasios/convocatorias/item/2553-open-de-espana-24-03-18

  • Publicado en Novas

Itinerario Open de España

MOI IMPORTANTE. ITINERARIO BUS.
 
HOTEL TÉCNICA: HOTEL IBIS. AVDA. ELCHE, 114. 03008 ALICANTE.
 
HOTEL COMBATE XUNIOR / CADETE: HOTEL IBIS. AVDA. ELCHE, 114. 03008 ALICANTE Y HOTEL CAMPANILLE. CARRER NADADORA CARMEN SOTO 1. ALACANT.
 
HOTEL COMBATE ABSOLUTO: HOTEL CAMPANILLE. CARRER NADADORA CARMEN SOTO 1. ALACANT.
 
PAVILLÓN:
 
CENTRO DE TECNIFICACIÓN
Pabellón Pedro Ferrándiz
Foguerer Gilabert Davó, s/n, 03005 Alicante
 
 
*BUS TECNICA
Saída mércores 21/03/18 – Regreso o venres ó remate da competición
 
SANTIAGO  (Parada Hipercor) - 22:30 h
PONTEVEDRA  (Avda. de Marín) - 23:30
VIGO  (Plaza de España) - 00:00 h.
OURENSE  (Rotonda O Couto) - 01:00 h.
 
*BUS CADETE E JUNIOR
Saída xoves 22/03/18 – Regreso o sábado ó remate da competición
 
SANTIAGO  (Parada Hipercor) - 20:30 h.
RIVEIRA (Ximansio Natural Sport) -21:30h.
BOIRO  (Espiñeira) - 21:45 h.
PONTEVEDRA  (Avda. de Marín) - 22:30 h.
VIGO  (Plaza de España) - 23:00 h.
OURENSE  (Rotonda O Couto) - 00:00 h.
 
*BUS SENIOR
Saída venres 23/03/18 – Regreso o domingo ó remate da competición
 
SANTIAGO  (Parada Hipercor) - 20:30 h.
RIVEIRA (Ximansio Natural Sport) -21:30h.
BOIRO  (Espiñeira) - 21:45 h.
PONTEVEDRA  (Avda. de Marín) - 22:30 h.
VIGO  (Plaza de España) - 23:00 h.
OURENSE  (Rotonda O Couto) - 00:00 h.

 

  • Publicado en Novas

Galicia, primeira clasificada no Open de Andalucía

A selección galega de técnica e freestyle fixo pleno no Open de Andalucía, celebrado hoxe en Málaga. Galicia proclamouse gañadora da clasificación por equipos tanto en técnica, como freestyle e na xeral. Esta proba concede puntos para o ránking español, que decidirá a clasificación para o Mundial 2018.  

 

En Técnica, Galicia logrou seis ouros, cinco pratas e dez bronces, mentres que en Freestyle conseguiron seis ouros, dúas pratas e dous bronces.

 

TÉCNICA


Os ouros foron para Alejandro Fernández (Escola Lucense) na categoría cadete; Gabriel Tembrás (Moo Duk Kwan) en júnior; Alejandro Losada Rodríguez (Neka) en sénior 1 masculino; Esperanza Fernández (Couto), en máster 2 feminino.

 

Ademais, tamén acadaron a primeira posición a parella sénior 1 (Alejandro Losada García e Andrea Vilas, do Tao); o trío júnior masculino de Manuel Paz, Álvaro Portela e Gabrielle Santomé (Hebe).

 

As pratas foron para o cadete Tomás Fernández Herrerín (Kiap); a parella sénior 1 (Alejandro Losada R. e Elena Varela, do Neka), Alejandro Losada G, do Tao, en sénior 1, a parella júnior (Álvaro Portela e Bárbara Di Martino, do Hebe) e o trío cadete do Tao (Samuel Meilán, Aarón Bóveda e Iago Fraga)

 

Ademais houbo dez bronces para as e os deportistas galegos. A cadete Nuria García (Escola Lucense) logrou a terceira posición no podio, igual que Bárbara Di Martino (MDK), Raquel Losada (Tao) e Manuel Paz (Hebe) na categoría júnior. En sénior 1 logrou o bronce Marcos Silva (Mace Sport), así como en Máster 1, Sandra Gardini (Yidam); e en máster 2, Óscar Rey (Kiap).

 

Tamén subiron ao terceiro chanzo do podio, a parella cadete formada por Laura González e Samuel Meilán (Tao), o trío júnior feminino Raquel Losada, Fatima Rodríguez e Andrea Moscoso (Tao) e a parella sénior 1 formada por Aitor Priego e Eirim Vaamonde (Yidam).

 

FREESTYLE

 

Na modalidade de freestyle (que combina a técnica, con coreografía e música) houbo seis ouros, dúas pratas e dous bronces.

 

Os ouros foron para Bárbara Di Martino (Hebe) na categoría feminina -17 anos; Manuel Paz (Hebe) na masculina -17; Eirim Vaamonde (Yidam) en feminina +17 anos, e na masculina +17 para Marcos Silva (Mace Sport). Tamén subiron ao máis alto do podio a parella de -17 anos (formada por Manuel Paz e Bárbara Di Martino, do Hebe) e a parella de +17 anos (formada por Samuel Alves e Andrea Vilas, do Tao).

 

As pratas foron para Tomás Fernández-Herrerín (Kiap) en masculino -17 anos; e para a parella +17, Aitor Priego e Eirim Vaamonde (Yidam). Ademais, Gabriel Tembrás (MDK) foi bronce en -17 anos masculino, nun podio case totalmente galego e Elena Varela (Neka), logrou subirse ao terceiro chanzo do podio en feminino +17.

 

  • Publicado en Novas

Un ouro, unha prata e un bronce galegos, na primeira xornada do Open de Bélxica

Galicia volveu a amosar o seu nivel no Open de Bélxica de técnica. Un ouro, unha prata e un bronce na primeira xornada do torneo, da clase G-1.
Como xa nos teñen acostumados, a parella sénior 2, formada por Samuel Meilán e Nerea Alamancos (Tao) logrou a medalla de ouro na súa categoría, mentres que o trío sénior 2 feminino (formado por Vanesa Ortega, Sonia Pérez e Noelia Pérez, do Hebe) acadou a medalla de prata. Ademais Sonia Pérez participou en máster 1 feminino e foi bronce. Mañá competirán Samuel e Nerea en sénior 2 individual (masculino e feminino).
 
Noraboa a tod@s!!!
  • Publicado en Novas

Premios Nacionais de Taekwondo 2017

Galicia estará moi presente nos Premios Nacionais de Taekwondo, que se entregarán o venres 23 de marzo en Alacante.

Desta forma o Premio Nacional ao deportista de pomsae máis destacado do ano 2017 foi para Samuel Meilán, que o pasado ano gañou todo o posible: Campión de España, campión de Europa e campión do mundo de taekwondo praia.

O Premio Nacional ao deportista de combate en parataekwondo foi para Alejandro Vidal, que segue imparable: Campión do mundo e subcampión de Europa de parataekwondo.

Na categoría de técnicos, hai dous galegos galardonados: Marco Carreira (pola súa traxectoria) e Miguel Meilán (na modalidade de poomsae).

Por último, sinalar que Marco Carreira recibirá a medalla de ouro ao Mérito Deportivo da Real Federación Española de Taekdondo e María Bautista a medalla de prata.

 

Noraboa a tod@s @s premiad@s!

 

  • Publicado en Novas

A selección galega de técnica e freestyle disputará o Open de Andalucía

A selección galega de técnica (categorías cadete, júnior e sénior) participará o domingo 18 de marzo no Open de Andalucía de Poomsae e Freestyle, que se celebrará en Málaga. É unha proba moi importante xa que concede puntos para o ránking español, que decidirá a clasificación para o Mundial 2018.  Ademais, será a última proba antes do Open de España da próxima fin de semana.

 

A clasificación para este Mundial sairá da suma dos resultados do circuíto español de ránking (Open de Valencia, Navarra, Madrid e Andalucía) e do Campionato de España e Open de España. Galicia viaxa cun amplo equipo, que tentará subirse ao podio tanto a nivel individual coma de equipos, tal e como xa fixeron no Open de Madrid a finais de xaneiro, onde Galicia proclamouse vencedora na clasificación xeral por equipos do Open de Poomsae e Freestyle. Ademais a comezos de marzo, Galicia logrou por vez primeira na historia proclamarse campioa de España de técnica adultos.

 

Open de Bélxica. Esta fin de semana, deportistas da Federación Galega de Taekwondo tamén participarán no Open de Bélxica de técnica, de clase A. Neste torneo competirán Samuel Meilán e Nerea Alamancos (ambos do Tao) tanto a nivel individual (sénior 2) como en parellas 2. Ademais, tamén competirá o trío feminino 2, formado por Vanesa Ortega, Sonia Pérez e Noelia Pérez (Hebe).  Pola súa banda, Sonia Pérez competirá de forma individual en máster 1.

 

*Convocatoria da selección galega de técnica e freestyle para o Open de Andalucía.

 

Open de Andalucía de técnica

1

ALEJANDRO FERNÁNDEZ

ESCOLA LUCENSE

CADETE

2

TOM FERNÁNDEZ

KIAP

CADETE

3

IAGO FRAGA

KIAP

CADETE

4

AARÓN BOVEDA

KIAP

CADETE

5

SAMUEL MEILÁN

TAO

CADETE

6

LAURA GONZÁLEZ

TAO

CADETE

7

NURIA GARCÍA

ESCOLA LUCENSE

CADETE

8

GABRIEL TEMBRÁS

MOO DUK KWAN

JUNIOR

9

ÁLVARO PORTELA

HEBE

JUNIOR

10

BARBARA DI MARTINO

HEBE

JUNIOR

11

MANUEL PAZ

HEBE

JUNIOR

12

FATIMA RODRÍGUEZ

TAO

JUNIOR

13

RAQUEL LOSADA

TAO

JUNIOR

14

ANDREA MOSCOSO

TAO

JUNIOR

15

SANDRA GARDINI

YIDAM

MASTER 1

16

OSCAR REY

KIAP

MASTER 2

17

ESPERANZA FERNÁNDEZ

COUTO

MASTER 2

18

ALEX LOSADA

NEKA

SENIOR 1

19

ANDREA VILAS

TAO

SENIOR 1

20

ALEJANDRO LOSADA

TAO

SENIOR 1

21

ELENA VARELA

NEKA

SENIOR 1

22

MARCOS SILVA

MACE SPORT

SENIOR 1

23

AITOR PRIEGO

YIDAM

SENIOR 1

24

EIRIM VAAMONDE

YIDAM

SENIOR 1

25

SAMUEL ALVES

TAO

SENIOR 1

26

ÁNGEL LÓPEZ

MACE SPORT

27

ADRIÁN VENTÍN

MACE SPORT

34

José Mª Vega

COACH

35

Francisco Penín

COACH

36

Ingrid Gómez

COACH

37

Miguel Aneiros

ÁRBITRO

38

Concepcion Martínez

ÁRBITRO

39

María Bautista

ÁRBITRO

40

Luis Vilas

FISIO

 

Seleccionador responsable da categoría: Jose Mª Vega Sánchez

 

  • Publicado en Novas

Unai Silva, clasificado para o Mundial Júnior

Satisfacción a medias. Unai Silva (Mace Sport) acadou hoxe a clasificación para o Mundial Júnior de Túnez, tras vencer na preselección que se celebrou en Madrid. Pero no camiño quedou a taekwondista do Hebe, Tania Castiñeira, que non puido superar á súa rival, e non poderá acudir á cita mundialista.

 En -68 masculino Unai Silva (Mace Sport) enfrontouse ao canario Jesús Moreno na preselección disputada no CAR de Madrid e logrou unha ampla vitoria (29-20). No primeiro asalto, o combate estivo máis nivelado, xa que o canario lograba alcanzalo e sumar. Xa no segundo asalto, Unai comezou a controlar ao rival e logrou escaparse no marcador, de forma que non sufriu para garantir o triunfo e así a clasificación para o que será o seu segundo Mundial.

 Pola súa banda, no peso pesado, Tania Castiñeira (Hebe) volvía verse as caras con Ana Martos (Cataluña), que derrotara á galega no Campionato de España nun combate con polémica arbitral. Volveu ser unha loita moi apertada. Despois dos tres primeiros asaltos, o marcador era de empate (1-1) e desta forma foron ao punto de ouro e volveron empatar. Entón os técnicos da Española deciden que se faga un quinto asalto. Tania conseguiu poñerse por diante pero a falta de 15 segundos para o final a competidora catalá logrou alcanzala na cabeza e adiantarse, e a nosa taekwondista xa non tivo opción a remontar (2-4).

 Tanto Unai coma Tania foron bronce no Campionato de España, pero lograron un magnífico resultado no Open de Holanda (Tania foi ouro, mentres que Unai prata) a pasada fin de semana, que tamén era clasificatorio para o Mundial júnior, mentres que os seus contrincantes non renderon a un bo nivel. Por este motivo houbo que celebrar esta preselección.

 Desta forma, no Mundial Júnior de Túnez (do 9 ao 13 de abril) Galicia contará con cinco representantes: Pablo Patiño (-63, Patiño), Arlet Ortiz (-52, Mat's), Alba Vidal (-55, Jido), Ana Dosil (-63, Natural Sport) e Unai Silva (-68, Mace Sport).

  • Publicado en Novas
Suscribirse a este canal RSS