Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Federación Galega Taekwondo

Plan viaxe Cpto. España Absoluto / Técnica

PLAN DE VIAXE PARA O CPTO. DE ESPAÑA ABSOLUTO E TÉCNICA

VALLADOLID 

Los horarios de salida son la madrugada del viernes

Pontevedra 6:00 horas

Vigo a las 6:30 horas

Ourense a las 7:30 horas

  • Publicado en Novas

Catro ouros, tres pratas e sete bronces para a selección galega júnior no Campionato de España en Córdoba

As e os deportistas da Federación Galega de Taekwondo lograron un total de catorce medallas (catro ouros, tres pratas e sete bronces) no Campionato de España júnior de Combate, que se celebrou hoxe en Córdoba. Estes bos resultados permitiron a Galicia subirse ao podio na clasificación por equipos. Galicia venceu na clasificación por equipos femininos, mentres que foi segundo na clasificación xeral e terceiro, na clasificación de equipos masculinos.

 

Os ouros foron para Arlet Ortiz (-52, Mat’s), Alba Vidal (-55, Kido), Ana Dosil (-63, Natural Sport) e Pablo Patiño (-63, Patiño).

 

En -52 quilogramos feminino, gozamos dunha final galega. Arlet Ortiz defendía o título do pasado ano e volveu estar a un nivel excepcional. No primeiro combate venceu á representante de Euskadi Onintze Carrasco por 10-0, nun combate que foi máis complicado do que o resultado mostra. No segundo fronte a Judit Merlosen (Cataluña) a galega xa tivo mellores sensacións e venceu por 17-5. A semifinal  foi contra Lorena Macía (Valencia), nun combate máis parado, xa que a rival tiña máis envergadura que Arlet e iso dificultaba o traballo da nosa deportista (6-2). A final foi contra a galega Alma Pérez (Suh Sport) e foi a loita máis apertada, xa que ambas se coñecen a perfección. Arlet logrou puntuar arriba no primeiro asalto e sempre foi por diante, aínda que con Alma facendo un gran traballo e dando moita emoción ata o final (3-2). Alma, para lograr esa medalla de prata tivo unha andaina espectacular: Venceu a Laura del Moral (Castela a Mancha) por 21-3; á murciana Andrea Rabal (1-21), á catalá Laura Bonals (15-7) e na semifinal á andaluza Elena Moreno (18-5). Grandísimo traballo de ambas deportistas galegas!

 

En -63 feminino houbo dobrete galego. Ana Dosil (Natural Sport) logrou a medalla de ouro, mentres que Catia García (Mat’s) foi  bronce.  Dosil gañou no primeiro combate a Aroa Bujedo (Euskadi) por 8-5 e así garantiu a medalla. Na semifinal superou a Yaiza Sissoko (Baleares) nun fermoso combate (10-12) e na final venceu a Leyre Zugazaga (Madrid) por 7-6. Precisamente Leyre superara na semifinal a tamén galega Catia García (4-3). Antes Catia venceu con rotundidade a Laura Muñoz (Castela a Mancha) por 15-1 e posteriormente a Mar Machi (Valencia) por 8-0 nos cuartos de final.

 

Alba Vidal (-55) foi o terceiro ouro galego feminino. Para iso venceu na primeira rolda a Marta Gomila (Baleares) por 7-0, e no segundo combate superou a Claudia Ramos (Canarias) con enorme superioridade (4-24). En semifinais gañou a Raquel Manzano (Madrid) por 11-15, mentres que na final venceu a Ana Martínez (Castela e León)  no punto de ouro.

 

Pablo Patiño (-63) logrou o ouro tras vencer a Agustín Mayor (Andalucía) en primeira rolda por 16-9, mentres que en segunda superou a Adrián Alcalá (Valencia) por 13-8. Na semifinal tiña como rival a Miguel Arenas (Baleares) e tamén foi moi superior (3-10). E a súa magnífica actuación rematou cunha apertadísima final contra o catalá Adrián Madueño, que se decidiu no punto de ouro.

 

Ademais da prata de Alma, houbo dúas máis para Elena Pérez (-46, Natural Sport) e Desiree Rivadulla (+68, Suh Sport).

 

En +68 tamén houbo dobrete galego, aínda que aquí se escapou o título que defendía Tania Castiñeira (Hebe), que este ano tivo que conformarse co bronce. Desiree Rivadulla eliminou na primeira rolda a María Cifuentes (Baleares) de forma clara (0-7), e posteriormente a Silvia Boix (Cataluña) por 5-1. Na semifinal venceu a Neus Domenech (Valencia) por 5-3 e caeu na final ante Ana Martos (Cataluña) por 3-1. Precisamente Martos superara na semi á Tania Castiñeira nun combate complicado, axustado e con erros arbitrais. En primeira rolda a taekwondista do Hebe venceu a Violeta Pérez (Euskadi) por un incontestable 21-0. Pero a semifinal foi moi dura ante Martos. Nin Tania nin Ana lograron puntuar e o combate foi ao punto de ouro, no que se deu por vencedora á catalá. Reclamouse erro no sistema e aceptouse esta reclamación, pero finalmente os árbitros deron por vencedora á catalá a pesar de que foi Tania quen tivo a iniciativa no combate dende o mesmo inicio.

 

En -46 quilogramos, Elena Pérez logrou o segundo posto do caixón no podio. Eliminou no primeiro combate á catalá Ashley Bourreau (5-7), no segundo a Marian Real (Canarias) por 12-13, en semifinais á valenciana Sigrid Martínez 3-4). Na final, a nosa deportista non tivo opcións contra Alba Palmer (Valencia). Prata para Elena.

 

Ademais houbo cinco bronces masculinos, que foron para José García (-48, Natural Sport), Iván Rodríguez (-73, Taekanart), Unai Silva (-68, Mace Sport), Brais Iglesias (-78, Natural Sport), Daniel Corrales (+78, Patiño).

 

En -68, Unai Silva sumou unha medalla de bronce, tras gañar en dous combates. No primeiro venceu a Juan Alonso (Asturias) por 27-11; no segundo a Sergio Samaniego (Andalucía) por 17-2. Caeu na semifinal nun axustadísimo combate contra Antoni Bauzá (14-15).

 

Iván Rodríguez tivo que vencer en dous combates para garantir a medalla de bronce. Superou no primeiro a Iker Benedicto (Aragón) nun axustado combate (13-12) e no segundo ao andaluz Francisco García por 17-9. Na loita por meterse na final, perdeu ante Gabriel Delgado (Canarias).

 

José García venceu ao andaluz Daniel Domínguez (12-7) en primeira rolda e na segunda ao canario Sirus Rafii Tabatabai (22-19). Caeu na semifinal contra o valenciano Iván Soriano, que foi o que se proclamou campión de España.

 

En -78, Brais Iglesias gañou en cuartos de final a David García (Murcia) por 8-11, pero foi superado na semifinal polo madrileño Gabriel Molina (20-12). Molina, proclamouse campión de España.

 

O último bronce foi para Daniel Corrales en +78 quilogramos, que venceu en cuartos de final ao canario Miguel Ángel Vargas (6-2). Na semifinal perdeu contra Alejandro Caravaca (Andalucía) por 5-11.

 

 

  • Publicado en Novas

Presentación da décima edición do Soño Olímpico, campamento internacional de verán

Xa está aquí, dende hoxe xa temos o cartel e a información oficial da Décima edición do Campamento Soño Olímpico, que se celebrará en Riveira dende os días 9 ao 15 de xullo do 2018. Son dez anos dende esa primeira vez que esta familia do taekwondo comenzou a soñar. 

Nunha data tan especial a organización quere ofrecer  a tódolos participantes a dous dos mellores taekwondistas mundiais, dos máis espectaculares, e que a bo seguro farán as delicias de todos aqueles que asistan a este evento. Jaoud Achab: o ano pasado cautivou a todos os que estivéstedes en SO9. É un deportista cun claro perfil participativo e que da o máximo de sí mesmo en cada sesión. A todos nos recordou a Gabi Mercedes, un dos pilares deste campamento, cando hai 10 anos comezaba a impartir sesións neste campamento. Jaouad garantiza a filosofía de SO Campamento Internacional de Verán. O seguinte invitado e nin máis nin menos, que Aaron Cook, medallista continental e europeo. Para moitos un dos máximos expoñentes do taekwondo espectáculo ... para outros un tolo ... pero para todos un xenio do noso deporte, un rapaz que sigue enchendo pavillóns alá onde queira que compita.

 Ademáis destas duas grandes figuras, o Campamento SO10 contará coa colaboración dos nosos "incansables": Gabi Mercedes, Salvador Allende, Moustapha Akkouh, Joaquim Peixoto, Ismael Bahamonde,  Nikos paitaridis, Michel Fernandes, Joanna Cunha, Julio Ferreira e moitos outros convidados que irán sumándose a esta festa.

 Dende hoxe mesmo xa podedes descargar toda a información ... non esperedes ao derradeiro momento, e sobre todo, NON DEIXEDES DE SOÑAR

  • Publicado en Novas

A selección galega júnior disputará o sábado 24 de febreiro o Campionato de España en Córdoba

A Federación Galega de Taekwondo desprazará a 30 taekwondistas para participar no Campionato de España júnior de Combate, que se celebrará o sábado 24 de febreiro en Córdoba. O equipo, xunto ao seleccionador Tito González, viaxará esta noite en autobús cara a Córdoba. Tamén estarán representando a Galicia os árbitros Jorge Rodríguez, Noelia Gómez, Miguel Ríos e María Bautista.

 

O torneo, que se celebrará no Palacio Municipal Vista Alegre, contará coa presenza de 322 participantes nados nos anos 2001, 2002 e 2003. A competición comezará ás 8:00 horas nos 6 tapices dispostos no pavillón. Haberá video-replay e os combates serán de tres asaltos cunha duración de 2 cada un (a organización reservase a posibilidade de modificalo). O taekwondo galego estará representado por 30 deportistas (15 na categoría masculina e 15 na feminina) que estiveron traballando moi duro durante os últimos meses preparando esta competición.  Este torneo outorga puntos -xunto ao Open de España e o Open de Holanda- para a clasificación para o Mundial júnior e a Olimpiada Xuvenil, que se celebrarán este ano.

 

Entre os participantes galegos figuran dúas campioas do pasado ano (Arlet Ortiz e Tania Castiñeira), que defenderán o título, aínda que tamén é certo que houbo unha importante renovación no equipo (por exemplo, Adrián Pombo, Pilar Rodríguez, Javier González xa son sénior), pero todos eles están cheos de ilusión e unha moi boa preparación para dalo todo sobre o tapiz. O seleccionador explicou que “o sistema do ranking nos permite levar un equipo con deportistas máis contantes e regulares e puidemos facer varias concentracións de traballo intenso en lugar das preseleccións que facíamos antes e iso creo que nos axuda a chegar mellor ao Nacional”.

 

Resultados 2017. As e os deportistas da Federación Galega de Taekwondo acadaron un total de nove medallas (tres ouros, unha prata e cinco bronces) no Campionato de España júnior de Combate, que se celebrou o pasado ano en A Nucia (Alacante). Na categoría feminina, Galicia acadou a terceira posición, mentres que na xeral por equipos, foi cuarta.

 

SELECCIÓN GALEGA JÚNIOR – CAMPIONATO DE ESPAÑA CÓRDOBA 2018

Selección galega feminina

Nome e apelidos:

Peso (Kg.)

Club

Verónica González

-42

Suh Sport

Alba Muñiz                          

 -44

Ozono

Elena Pérez

-46

Natural Sport Riveira

María González                

 -49

Couto

Diana Siota                          

 -49

Couto

Arlet Ortiz                             

 -52

Mat´s

Alma M. Pérez               

 -52

Suh Sport

Alba Vidal                         

 -55

Kido Sport

Sara Gacio                  

-55

Boudsport

Uxía Rodríguez                

 -59

MDK

Catia García                     

 -63

Mat´s

Ana Dosil                       

 -63

Natural Sport Riveira

Aitana López                    

 -68

Suh Sport

Tania M. Castiñeira           

 68

Hebe

Desirée Rivadulla             

 68

Suh Sport

Selección galega masculina

Isaac Blanco                    

-45

Maniotas

Lois Tomás                     

-45

Natural Sport Riveira

José García                         

-48

Natural Sport Riveira

Alejandro Paz

-51

Natural Sport Riveira

David Rodríguez             

 -51

Taekanart

Ánxo Díaz                          

 -55

Garrapucho

Javier Torrado                 

-59

Suh Sport

Rodrigo Varela                 

-59

Boudsport

Diego Martínez 

-59

Natural Sport Riveira

Pablo Patiño

-63

Patiño

Unai Silva                                                                                                      

 -68

Mace Sport

Sergio Iglesias                  

 -68

As Sport

Iván Rodríguez                                      

 -73

Taekanart

Brais Iglesias                  

-78

Natural Sport

Daniel Corrales                  

78

Patiño

 

  • Publicado en Novas

Itinerario Cpto. España Xunior

ITINERARIO PARA CPTO. ESPAÑA XUNIOR

 

Saída xoves 22/03/18 – Regreso o sábado ó remate da competición

 

SANTIAGO  (Parada Hipercor) - 21:00 h.

RIVEIRA  (Ximansio Natural Sport) - 22:00 h.

BOIRO  (Espiñeira) - 22:15 h.

PONTEVEDRA  (Avda. de Marín) - 23:00 h.

VIGO  (Plaza de España) - 23:30 h.

OURENSE  (Rotonda O Couto) - 00:30 h.

 

PAVILLON:

 

Palacio Municipal de Deportes Vista Alegre Plaza Vista Alegre s/n - 14004 Córdoba

 

HOTEIS:

 

HOTEL DEPORTISTAS, COACH Y CHOFERES: CAMPING CARLOS II : Antigua carretera nacional IV KM. 430, 14100 La Carlota ( Cordoba)

HOTEL PRESIDENTES: HOTEL CORDOBA CENTER :  Avda, La Libertad 4, 14006 Cordoba

HOTEL ARBITROS: HOTEL  EXE CIUDAD DE CORDOBA: Avda. de Cádiz s/n. 14013 Cordoba

 

  • Publicado en Novas

Ainhoa García, ouro na President’s Cup for Children e clasificada para o Europeo Cadete

Ainhoa García (-55, Couto) logrou a clasificación para o Campionato de Europa Cadete, tras acadar a medalla de ouro na President’s Cup for Children, que se celebrou esta fin de semana en Alemaña. Ademais, hai que destacar as dúas medallas logradas por Yaiza Velo (ouro en técnica e prata en freestyle), que lle dan a súa clasificación para os Multi European Games.

 

A President’s Cup for Children celebraba a súa primeira edición e co aliciente de que se acadabas unha medalla, lograbas a clasificación directa para o Europeo cadete (en combate). Así, a Federación Galega levou unha selección de catro deportistas -Iker García de la Llera (-49, Natural Sport Riveira), María Ferreiro (-44, Couto), Irene Montemuiño (-47, Natural Sport Riveira) e Ainhoa García (-55, Couto)- e varios clubs viaxaron cos seus rapaces a nivel particular.

 

Ainhoa García (-55, Couto) fixo unha competición espectacular, gañando 5 combates e con solvencia. En primeira rolda superou a Matea Zeljo (Croacia) por 12-2, para vencer a Dionysia Bourdeka (Grecia) en segunda (14-2). No combate que daba o pase as medallas tiña como rival á rusa Daria Tyseva e tamén foi moi superior (5-10). Na semifinal venceu á grega Theopoula Sarvanaki (14-17) e rematou a xornada triunfal gañando na final á Mink Amy (Holanda) por 4-7. Ouro e clasificación para o Europeo Cadete.

 

María Ferreiro (-44) estivo moi preto das medallas. Venceu no primeiro combate á británica Holly Pepper (7-3) e despois á alemá Beyza Sonmez (3-6). Pero caeu nos cuartos de final contra a rusa Sofya Solovyova (10-13).

 

O mesmo sucedeu con Borja Domingo (-44), que viaxou co seu club, o Natural Sport Riveira. O deportista estaba nun peso con 64 competidores, polo que as medallas estaban moi “caras”. Desta forma, o galego venceu na primeira rolda ao grego Alexandros Zografidis (24-11), en segunda ao francés Adam Rekik (19-25) e en terceira ao ruso Denis Zharkov (18-24). Pero en cuartos de final non puido co ruso Nikita Lobanov (0-2) e quedou ao borde das medallas. Gran traballo.

 

Clo Iglesias (-59), que viaxaba polo seu club Patiño, gañou en primeira rolda a Christina Stathopoulou (0-1), pero non puido en cuartos de final coa serbia Sandra Stamevsk (6-9), que ao final acadou a medalla de prata.

 

Irene Montemuiño (-47) caeu dunha forma moi axustada no primeiro combate contra a grega Chrysanthi Yfanti por 15-14. O mesmo lle sucedeu a Julián Feijoo (-33), que vaixaba co Couto, ao perder ao August Storm Brunn (Dinamarca) por 0-2. Iker García de la Llera (-49) tivo como rival en primeira rolda ao grego Dionysios Flemotomos e non puido superalo (5-9).

 

Poomsae e freestyle. Tamén houbo competición de técnica e freestyle, e con magníficas noticias para o taekwondo galego. A deportista do Natural Sport Sada, Yaiza Velo fixo dobrete: Logrou a medalla de ouro en técnica e a de prata en freestyle, e acadou a clasificación para os Multi European Games.

Francisco Ramos (Natural Sport Riveira) logrou clasificarse para a final de poomsaes, pero sen lograr medalla, e Manuel Paz (Natural Sport Riveira) caeu en primeira rolda de poomsaes.

 

 

  • Publicado en Novas

Resultados e fotos Copa Cidade da Coruña

Este sábado 3 de febreiro celebrouse a Copa Cidade da Coruña coa participación de máis de 500 deportistas. Na clasificación xeral de todas as categorías, proclamouse campión o Natural Sport Ribeira cun total de 159 puntos.

No documento adxunto tedes as clasificacións do devandito torneo.

GALERIA DE FOTOS: 

 

Fotos XIII Copa Cidade da Coruña de Taekwondo e Hapkido:
 
https://www.dropbox.com/sh/6k2guv0pmmjvunx/AADGiZvNZMsugukoICPTsP0Pa?dl=0 

 

  • Publicado en Novas

Varios galegos disputarán a President's Cup for Children en Alemaña

Varios deportistas galegos tentarán esta fin de semana en Alemania, na President’s Cup for Children, acadar a súa clasificación para o Campionato de Europa Cadete desta tempada. Para iso terían que lograr podio.

A Federación Galega viaxou a Sindelfingen (Alemania) cunha selección formada por catro deportistas, que son Iker García de la Llera (-49, Natural Sport Riveira), María Ferreiro (-44, Couto), Irene Montemuiño (Natural Sport Riveira) e Ainhoa García (-55, Couto).

Ademais, co seu club viaxan Borja Domingo (-41, Natural Sport) e Julián Feijoo (-33, Couto). Todos eles xa realizaron a súa pesada e sen problemas.

Por último sinalar que tamén haberá competición de freestyle e poomsae, aínda que neste caso non será clasificatoria. Nestas modalidades tamén contaremos coa presenza de galegos, Zaira Velo (Natural Sport Sada) competirá en técnica e freestyle, mentres que Franchu Ramos e Manu Paz (Natural Sport Riveira) farano en técnica.

  • Publicado en Novas

Universidade Vigo - Probas selección

CONVOCADAS PROBAS SELECCIÓN UNIVERSIDADE DE VIGO 2018

Quedan convocadas e convocados/-as todos/-as os taekwondistas pertencentes á Universidade de Vigo a participar nas probas selecctivas que se realizarán o vindeiro  domingo 11 de febreiro ás 11.00  no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, para configurar o equipo na modalidade de combate que representará a esta Universidade nos próximos Campionatos de España Universitarios de Taekwondo  que se celebrarán en Los Alcázares (Murcia) o vindeiro 19 de maio. Os responsables técnicos son Erea Andrade e Salvador Fontán.

É preciso estar inscrito/-a previamente no aplicativo Deporxest.

Polo de agora a universidade organizadora (UCAM) non confirmou se nesta competición se celebrará a modalidade de técnica, polo que queda pendente a configuración deste equipo.

Toda a información en https://deporxest.uvigo.es/WebDeportesUVigo/actividades/datos.jsp?idActividad=1268

  • Publicado en Novas
Suscribirse a este canal RSS