Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Federación Galega de Taekwondo

Galicia, gañadora do Open de España nas categorías cadete e júnior

Galicia volveu amosar o seu potencial no Open de España das categorías cadete e júnior. As seleccións galegas lograron a primeira posición en ambas categorías (cadete e júnior) e da forma máis rotunda posible (na categoría masculina, feminina e na xeral). Na categoría cadete Galicia acadou un total de 6 ouros, unha prata e e tres bronces, mentres que na júnior houbo 15 medallas (seis ouros, catro pratas e 5 bronces).

Cadete. Grandísimo o papel desenvolvido pola selección cadete. Na categoría feminina as nosas deportistas sumaron un total de catro ouros e un bronce. Silvia Otero (Mat’s) logrou a primeira posición en -29 quilogramos, tras vencer na final a Alba Jia Baz (TKD Molero) por 1-0. En primeira rolda gañou a Helena Gadea (2-4) e posteriormente a Sofía García (1-0).

 

Irene Montemuíño (Natural Sport, -51) tamén logrou a primeira posición no seu peso. Superou a primeira rolda fronte a Iraya Peque (Asturias) por 6-18 e na seguinte a Angels García (1-17). Na semifinal eliminou á asturiana Varga (8-18) e na final venceu á tinerfeña Vanella Pimienta (9-6).

 

Ainhoa García (Couto, -55) acadou o terceiro ouro galego feminino en cadete. A deportista do Couto gañou en primeira rolda a María José Pons (Deportivo Olimpo) por 2-12 e posteriormente á madrileña Nerea Fernández (3-18). Na semifinal foi mellor que Thais Martínez (6-0) e na final, moi superior a Ariadna Arrondo (Escuela Taekwondo Castejón), con un contundente 11-1.

 

O cuarto ouro foi para Cloe Iglesias (Patiño, -59) gañou en primeira rolda a Paula Serrat con enorme rotundidade (10-23); en semifinal a Carlota Delva (3-16) e na final xa sufriu un pouco ante Paula Torregrosa (8-7).

 

O bronce cadete feminino foi para Lucía Montemuíño (Natural Sport, -41) que gañou no primeiro combate Andrea García por 14-7, despois a Sofia Potapova (Asturias) por 25-6 e en oitavos a Paula López (4-9). Caeu na semifinal contra Ángela Alonso (Federación Riojana) por 8-3.

 

En cadete masculino, houbo dous ouros, unha prata e dous bronces. Julián Feijóo (Couto, -33 quilogramos) logrou a primeira posición nun competido e numeroso peso. En primeira rolda superou a Martí Navas (6-18); en segunda ao madrileño Fernández (25-13) e en semifinais ao balear Jesús Garrido (4-9). Na final venceu a José Campaña (Andalucía) nun rifado combate que se decidiu no punto de ouro.

 

En -41 quilogramos tivemos unha final galega, con Javier Jiménez (Natural Sada) e Samuel Meilán (Tao) coma protagonistas.

Javier Jiménez gañou no primeiro combate a Ismael Sambartolomé por un apertado 8-7, e posteriormente superou a Pepe Ortiz por 14-8. Na semifinal gañou ao murciano Pablo Cerón (11-9) e na final gañou ao seu compañeiro de selección, Samuel Meilán, por 18-8.

 

 Pola súa banda, Samuel comezou o Open eliminando con absoluta superioridade a Ismael Olivares (20-0). En segunda rolda venceu ao balear Aymeric Holvoet (25-5) e en cuartos de final ao alemán Simon Laubhold (10-8). A semifinal foi contra Iván Albert (7-8) e na final non puido con Javier.

 

Ademais houbo dous bronces en -49 quilogramos, que foron para Martín Conde (Couto) e David M. Barbosa (Budo Castrelos). Martín Conde eliminou o punto de ouro a David García no primeiro combate, e no segundo superou a Víctor Zamora (4-7). Nos cuartos garantizou a súa medalla ao gañar a Loris Ribreau (18-10), pero en semifinais caeu ante o portugués Guillermo Freire.

 

Barbosa caeu en semifinais contra o representante de Madrid, Jesús Fraile, quen acadou o título. Antes venceu nas dúas roldas anteriores con bastante soltura: A Dani Domínguez por 1-12 e a Guillem García (9-15).

 

Júnior. Na categoría júnior houbo 15 medallas (seis ouros, catro pratas e 5 bronces) e Galicia logrou a primeira posición por equipos na categoría masculina, feminina e na xeral. E iso a pesar de que non acudiron a esta cita os clasificados para o Mundial júnior, para evitar unha posible lesión a poucos días da cita mundialista.

 

Brais Iglesias (-78, Natural Sport) acadou a medalla de ouro no seu peso. Venceu en primeira rolda a David García (3-2) e na semifinal a Alexis Fabián Sandu (7-14). A final foi contra o catalá Andreu Pérez e gañou por K.O.

 

En -73 quilogramos, Iván Rodríguez (Taekanart) logrou a medalla de ouro. En cuartos de final gañou a Alberto Carlos Ailisoaie (13-15), na semifinal a Kyle Clarence Camorongan (5-12) e na final ao andaluz Manuel Aranda (8-11).

 

Javier Torrado (-59, Suh Sport) logrou a medalla de ouro tras realizar catro intensos combates. En oitavos gañou a Camilo Cardona de Baleares (12-9), en cuartos a Jofre Salanova do TKD Jorsan (12-10) e na semifinal a Rubén López, do Koryo Torre Pachego (13-6). A final foi contra Alberto Toledo de Tkd Alcalá e venceu no punto de ouro despois dun 8-8.

 

Alejandro Paz (-51, Natural Sport) venceu no Open de España. Gañou en primeira rolda ao brasileiro Víctor Kazuya Ishihara (7-21) e despois a Aday Pérez por 6-0. Na semifinal superou ao madrileño Antonio Cardoncio (29-10) e na final a Cristian Jurado de Baleares (9-4). Ouro para Paz.

 

Alma Pérez (Suh Sport) logrou o triunfo no Open de España en -52 quilogramos. En primeira rolda gaña a Teodora Andrea (20-11); en oitavos enfróntase a Carmen Lopez onde vence por K.O. de puntos (22-1) e en cuartos supera a Judit Merlo (15-8). Na semifinal ten como rival a Ainoa Escribano e gaña por K.O. de puntos (22-1) e na final volve a ser moi superior contra  Lorena Macía (22-14).

 

Tania Castiñeira (+68, Hebe) logrou o ouro no Open de España tras vencer en tres combates e de forma moi folgada. No primeiro superou a Judith Ortiz (6-1); posteriormente a Neus Domenech (5-2) e na final a Silvia Boix (Cataluña) por 3-11.

 

Houbo dúas medallas en -55 masculino. Anxo Díaz (Garrapucho) acadou a prata tras vencer en tres combates con gran seguridade (Daniel Madrid, Andoni Solano e o galego Carlos Medranda). Na final Anxo caeu ante o arxentino Javier Acuña (5-25).

 

Pola súa banda Carlos Medranda (Mace Sport) tivo que superar tres combates para meterse na semifinal: Venceu ao balear Carlos Aguilera (1-4), Víctor Ramírez de Castela a Mancha (8-13) e a Salvador Rodríguez (7-18).

 

No peso pesado, Jesús Manuel Veiga (Maniotas) logrou a medalla de prata. Venceu en cuartos a Daniel Murillo (12-7) e na semifinal a Rodrigo Ibáñez (11-2). Na final foi derrotado por Joaquin Francisco Fenollar, , nun axustado combate.

 

María González (-49, Couto) venceu en primeira rolda a Ana Sáenz (17-8) e a balear Selena Ortega no punto de ouro. Na semifinal superou a Nagore Iglesias (32-10). Na final perdeu pola mínima contra a alemá Asli Coskun.

 

Izán Prego (-63, Kwon) tivo que vencer en tres combates para garantir a súa medalla de bronce nun peso moi concurrido. Gañou a Rafael Armero (5-23), ao galego Adrián Quintela (20-14) e ao arxentino Lautaro Díaz (6-21). Perdeu ante o catalá Adrián Madrueño (13-2).

 

Sergio Iglesias (-68, As Sport) logrou a medalla de bronce tras superar a Alejandro Carretero (13-9). Na semifinal caeu ante Jon Fernández (3-6).

 

Sara Gacio (-55, Boudsport) vence en tres combates e asegurou así a medalla de bronce. Gañou no primeiro combate á navarra Andrea Izurdiaga (6-3); despois á catalá Ester Asensio (2-3) e a Marta Arriagada (6-2). Foi derrotada na semifinal por Paula Temida, no punto de ouro.

 

Elena Pérez (-46, Natural Sport) logrou a medalla de bronce tras vencer en dous combates: A catalá Judith Iñiguez (3-5) e a Lucía Triano (4-3). Elena Currás (-44, Patiño) logrou a medalla de bronce tras gañar a Abril Villar por 19-9.

 

 

 

  • Publicado en Novas
Suscribirse a este canal RSS