Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Federación Galega de Taekwondo

Un ouro, unha prata e un bronce galegos, na primeira xornada do Open de Bélxica

Galicia volveu a amosar o seu nivel no Open de Bélxica de técnica. Un ouro, unha prata e un bronce na primeira xornada do torneo, da clase G-1.
Como xa nos teñen acostumados, a parella sénior 2, formada por Samuel Meilán e Nerea Alamancos (Tao) logrou a medalla de ouro na súa categoría, mentres que o trío sénior 2 feminino (formado por Vanesa Ortega, Sonia Pérez e Noelia Pérez, do Hebe) acadou a medalla de prata. Ademais Sonia Pérez participou en máster 1 feminino e foi bronce. Mañá competirán Samuel e Nerea en sénior 2 individual (masculino e feminino).
 
Noraboa a tod@s!!!
  • Publicado en Novas

Galicia, primeira clasificada no Open de Andalucía

A selección galega de técnica e freestyle fixo pleno no Open de Andalucía, celebrado hoxe en Málaga. Galicia proclamouse gañadora da clasificación por equipos tanto en técnica, como freestyle e na xeral. Esta proba concede puntos para o ránking español, que decidirá a clasificación para o Mundial 2018.  

 

En Técnica, Galicia logrou seis ouros, cinco pratas e dez bronces, mentres que en Freestyle conseguiron seis ouros, dúas pratas e dous bronces.

 

TÉCNICA


Os ouros foron para Alejandro Fernández (Escola Lucense) na categoría cadete; Gabriel Tembrás (Moo Duk Kwan) en júnior; Alejandro Losada Rodríguez (Neka) en sénior 1 masculino; Esperanza Fernández (Couto), en máster 2 feminino.

 

Ademais, tamén acadaron a primeira posición a parella sénior 1 (Alejandro Losada García e Andrea Vilas, do Tao); o trío júnior masculino de Manuel Paz, Álvaro Portela e Gabrielle Santomé (Hebe).

 

As pratas foron para o cadete Tomás Fernández Herrerín (Kiap); a parella sénior 1 (Alejandro Losada R. e Elena Varela, do Neka), Alejandro Losada G, do Tao, en sénior 1, a parella júnior (Álvaro Portela e Bárbara Di Martino, do Hebe) e o trío cadete do Tao (Samuel Meilán, Aarón Bóveda e Iago Fraga)

 

Ademais houbo dez bronces para as e os deportistas galegos. A cadete Nuria García (Escola Lucense) logrou a terceira posición no podio, igual que Bárbara Di Martino (MDK), Raquel Losada (Tao) e Manuel Paz (Hebe) na categoría júnior. En sénior 1 logrou o bronce Marcos Silva (Mace Sport), así como en Máster 1, Sandra Gardini (Yidam); e en máster 2, Óscar Rey (Kiap).

 

Tamén subiron ao terceiro chanzo do podio, a parella cadete formada por Laura González e Samuel Meilán (Tao), o trío júnior feminino Raquel Losada, Fatima Rodríguez e Andrea Moscoso (Tao) e a parella sénior 1 formada por Aitor Priego e Eirim Vaamonde (Yidam).

 

FREESTYLE

 

Na modalidade de freestyle (que combina a técnica, con coreografía e música) houbo seis ouros, dúas pratas e dous bronces.

 

Os ouros foron para Bárbara Di Martino (Hebe) na categoría feminina -17 anos; Manuel Paz (Hebe) na masculina -17; Eirim Vaamonde (Yidam) en feminina +17 anos, e na masculina +17 para Marcos Silva (Mace Sport). Tamén subiron ao máis alto do podio a parella de -17 anos (formada por Manuel Paz e Bárbara Di Martino, do Hebe) e a parella de +17 anos (formada por Samuel Alves e Andrea Vilas, do Tao).

 

As pratas foron para Tomás Fernández-Herrerín (Kiap) en masculino -17 anos; e para a parella +17, Aitor Priego e Eirim Vaamonde (Yidam). Ademais, Gabriel Tembrás (MDK) foi bronce en -17 anos masculino, nun podio case totalmente galego e Elena Varela (Neka), logrou subirse ao terceiro chanzo do podio en feminino +17.

 

  • Publicado en Novas
Suscribirse a este canal RSS