Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Federación Galega de Taekwondo

Catro galegos convocados para o Mundial júnior e dous preseleccionados

Galicia poderá estar representada por ata seis deportistas no Campionato do Mundo Júnior, que se celebrará en Túnez do 9 ao 13 de abril. Nestes intres catro galegos (Pablo Patiño, Arlet Ortiz, Alba Vidal e Ana Dosil) xa están clasificados e Unai Silva e Tania Castiñeira terán que facer este xoves unha preselección para conseguir a súa praza.

A preselección realizarase este xoves en Madrid a primeira hora da tarde. En -68 masculino Unai Silva (Mace Sport) enfrontarase ao canario Jesús Moreno nesa loita por unha praza para o Mundial júnior. Pola súa banda, no peso pesado, Tania Castiñeira (Hebe) terá que derrotar a Ana Martos (Cataluña) para poder acudir ao Mundial de Túnez. Tanto Unai coma Tania foron bronce no Campionato de España, pero lograron un magnífico resultado no Open de Holanda (Tania foi ouro, mentres que Unai prata) esta fin de semana, que tamén era clasificatorio para o Mundial júnior, mentres que os seus contrincantes non renderon a un bo nivel.

Os que xa están confirmados son Pablo Patiño (-63, Patiño), Arlet Ortiz (-52, Mat's), Alba Vidal (-55, Jido) e Ana Dosil (-63, Natural Sport). Todos eles lograron proclamarse campións de España júnior e están a demostrar que son os mellores no seu peso.

Moita sorte para Tania e Unai este xoves!! 

  • Publicado en Novas

Adestramento xunior-sub21 17/03/18

ADESTRAMENTO XÚNIOR/SUB 21 DÍA 17 DE MARZO DE 2018

  • OS HORARIOS SERÁN OS SEGUINTES:
    • PESAXE: (10:30) MEDIA HORA ANTES DO COMENZO DO ADESTRAMENTO. MARXEN DE 1,5 KG EN DOBOK
    • ADESTRAMENTO:

SÁBADO 17 - DENDE AS 11:00 ATA AS 13:00 h.

  • OS HORARIOS ANTERIORES SON APROXIMADOS, POLO QUE PREGAMOS OS/AS PAIS, NAIS OU TITORES QUE ESTÉN ATENTOS PARA CANDO SAIAN OS DEPORTISTAS DOS ADESTRAMENTOS POIDAN RECOLLELOS E LEVALOS PARA A CASA.
  • O ADESTRAMENTO REALIZARASE NO CGTD, EN PONTEVEDRA.
  • OS/AS DEPORTISTAS PODERÁN EXCEDER NUN MÁXIMO DE 1,5 KG DO PESO DE COMPETICIÓN.
  • A ASISTENCIA E OBRIGATORIA PARA AS E OS CONVOCADOS.

SE CALQUEIRA DEPORTISTA NON PODE ADESTRAR DEBERÁ COMUNICARLLO Ó SELECCIONADOR XÚNIOR TITO GONZÁLEZ NO TELÉFONO 620 550 653. OS DEPORTISTAS QUE POR MOTIVO DE LESIÓN NON POIDAN COMBATIR OU ADESTRAR NESE DÍA, DEBERÁN TRAER OBRIGATORIAMENTE UN CERTIFICADO MÉDICO XUSTIFICATIVO.

  • OS/AS DEPORTISTAS DEBERÁN VIR PROVISTOS CON TÓDALAS PROTECCIÓNS OFICIAIS (INCLUIDAS AS ELECTRÓNICAS), PETO CONVENCIONAL E BOTELLA DE AUGA.

 

  • LISTADO DE CONVOCADOS/AS:
    • DEPORTISTAS CATEGORÍAS DE PESO FEMININAS
    • -42 MINIMOSCA - VERÓNICA GONZÁLEZ (SUH SPORT)
    • -44 MOSCA - ALBA MUÑÍZ (OZONO)
    • -44 MOSCA - ELENA CURRÁS (PATIÑO)
    • -46 GALO - ELENA PÉREZ (NATURAL)
    • -49 PLUMA - MARÍA GONZÁLEZ (COUTO)
    • -49 PLUMA - DIANA SIOTA (COUTO)
    • -52 LIXEIRO - ALMA PÉREZ (SUH SPORT)
    • -52 LIXEIRO - UXÍA SANMARCO (TAO)
    • -55 SUPERLIXEIRO - SARA GACIO (BOUDSPORT)
    • -55 SUPERLIXEIRO - ANTÍA SÁNCHEZ (SUH SPORT)
    • -59 SEMIMEDIO - UXÍA RODRÍGUEZ (MDK)
    • -59 SEMIMEDIO - ANDREA GARCÍA (ARTE E MOVEMENTO)
    • -59 SEMIMEDIO - LETICIA TRIGO (PATIÑO)
    • -63 MEDIO - CATIA GARCÍA (MAT´S)
    • -68 SEMIPESADO - AITANA LÓPEZ (SUH SPORT)
    • +68 PESADO - DESIREE RIVADULLA (SUH SPORT)
    • SUB 21 -46 - SARA TOUCEDO (MANIOTAS)
    • SUB 21 -62 - Mª DEL PILAR RODRÍGUEZ (NATURAL)
    • SUB 21 -67 - LAURA DOSIL (NATURAL)

 

 

  • DEPORTISTAS CATEGORÍAS DE PESO MASCULINAS
  • -45 MINIMOSCA - ISAAC BLANCO (MANIOTAS)
  • -45 MINIMOSCA - LOIS TOMÁS (NATURAL)
  • -48 MOSCA - JOSÉ GARCÍA (NATURAL)
  • -48 MOSCA - ÁNGEL REMUIÑÁN (NATURAL)
  • -51 GALO - ALEJANDRO PAZ (NATURAL)
  • -51 GALO - DAVID RODRÍGUEZ (TAEKANART)
  • -55 GALO - ANXO DÍAZ (GARRAPUCHO)
  • -55 GALO - CARLOS SEBASTIÁN MEDRANDA (MACE SPORT)
  • -55 GALO - JAVIER CANCELAS (PATIÑO)
  • -59 LIXEIRO - JAVIER TORRADO (SUH SPORT)
  • -59 LIXEIRO - DIEGO MARTÍNEZ (NATURAL)
  • -59 LIXEIRO - RODRIGO VARELA (BOUDSPORT)
  • -63 SUPERLIXEIRO - IZAN PREGO (KWON)
  • -68 SEMIMEDIO - SERGIO IGLESIAS (AS SPORT)
  • -73 MEDIO - IVÁN RODRÍGUEZ (TAEKANART)
  • -73 MEDIO - ÓSCAR ORTIGUEIRA (MANIOTAS)
  • -78 SEMIPESADO - BRAIS IGLESIAS (NATURAL)
  • +78 PESADO - DANIEL CORRALES (PATIÑO)
  • +78 PESADO - JESÚS MANUEL VEIGA (MANIOTAS)
Suscribirse a este canal RSS