Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Federación Galega de Taekwondo

A selección galega sénior de combate e a selección adulta de técnica participarán o 3 de marzo no Campionato de España en Valladolid

O sábado 3 de marzo celebrarase en Valladolid o Campionato de España sénior de combate e o de pomsae adulto (categorías cadete, júnior, sénior 1 e sénior 2). En ambos campionatos, Galicia contará cunha destacada participación e tentará loitar polo podio.

 Campionato de España de Combate Sénior. O combinado galego, formado por 11 mulleres e 11 homes, viaxa coa intención de acadar bos resultados, para lograr a clasificación para o Europeo, xa que o Campionato de España é unha das notas que conta para elixir aos representantes de España no Europeo de Rusia (12 de maio). O torneo, coa participación de 243 deportistas (139 homes e 104 mulleres) comezará ás 8:00 horas e celebrarase no Pavillón Pilar Fernández Valderrama en catro tapices.

 Na selección galega hai unha boa combinación de experiencia e xuventude. Deportistas cun importante curriculum tanto a nivel nacional coma internacional, coma Katia Calvar, Lúa Piñeiro ou José Fernández, que tentarán seguir no máis alto, mentres que xente máis moza coma Arlet Ortiz, Tania Castiñeira (ambas júnior) ou Javier González buscarán dar a sorpresa. E sen esquecer a Pablo Fernández Eiras (actual campión de España), Manuel Parada (prata o pasado ano) ou Iván García (prata 2017), entre outros, porque calquera pode darnos grandes momentos sobre o tapiz.

Resultados 2017. A selección galega logrou o subcampionato de España por equipos na categoría masculina, na feminina e na xeral no Campionato de España sénior disputado o pasado ano en San Sebastián de los Reyes coa participación de 239 deportistas. En total as e os nosos deportistas acadaron 14 medallas individuais (1 ouro, 2 pratas e 11 bronces). O ouro foi para Pablo Fernández Eiras (Mat’s).

 Convocatoria: http://www.taekwondogalego.com/fegatae2015/index.php/ximnasios/convocatorias/item/2539-selec-absoluta-cpto-espana-03-03-18

 Campionato de España de Técnica Adulto. Este ano celebrarase o Campionato de España de técnica adulto -cadete, júnior, sénior 1 y sénior2-, separado do resto das categorías (parellas, tríos e máster en técnica e todas as categorías da modalidade de freestyle), que se celebrarán noutra data,  aínda sen anunciar. Así Galicia viaxa con 12 deportistas e en total haberá 130 competidores. Tamén neste caso, espéranse moi bos resultados para as e os deportistas galegos. Por exemplo, Samuel Meilán (sénior 2) defende o título de campión de España, Gabriel Tembrás (júnior) foi prata o pasado ano e Nerea Alamancos (sénior 2) logrou o bronce. E non podemos esquecer a Andrea Vilas (sénior1) ou aos Alejandro Losada (do Tao e do Neka), entre outros.

 Como no caso do combate, o torneo de poomsae celebrarase a partir das 8:00 en dous tapices situados no pavillón Pilar Fernández Valderrama, polo que se disputarán as dúas competicións á vez.

 http://www.taekwondogalego.com/fegatae2015/index.php/ximnasios/convocatorias/item/2526-cpto-esp-tecnica-seleccion-03-03-18

 

  • Publicado en Novas
Suscribirse a este canal RSS