Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Federación Galega de Taekwondo

Tres ouros, tres pratas e un bronce galegos, no Campionato de Europa Máster

As e os taekwondistas galegos acadaron un total de tres ouros, tres pratas e un bronce no Campionato de Europa Máster, que se celebrou estes días en Oropesa del Mar (Castellón). Jacobo Ríos (Hebe), Salvador González (Mace Sport) e Nazaret Tilve (As Sport) lograron os ouros; as pratas foron para Erea Andrade (As Sport), Cristóbal Boudjenane (Boud-Sport) e Jesús Couso (Hebe) e o bronce para Óscar Franco (Patiño Moaña).

 Jacobo Ríos competiu na categoría máster A (de 35 a 39 anos) de -68 quilogramos. En semifinais enfrontouse ao francés Aomar Mami, un vello coñecido para Jacobo, xa que competiran no pasado Europeo de Luxemburgo en 2017. O combate foi tenso, xa que o francés traballaba moito ao choque, pero o enfrontamento resolveuse a favor do galego 12-11.

 Na final, o taekwondista do Hebe encontrouse co representante español Teodoro Prieto. Dende o iniciou do combate Jacobo estivo por diante no marcador, amosando unha grande superioridade, a pesar dos intentos de Prieto por frenalo. Resultado final, 11-3. Jacobo xa fora campión de Europa en 2015 (Niza) e subcampión en 2017.

 Salvador González (-68 quilogramos, categoría B –de 40 a 44 anos-) tamén logrou o ouro, tras vencer en dous combates. Nas semifinais enfrontouse a Raphael Haddad (Francia) e logrou a vitoria nun emocionante e axustado combate, que rematou co resultado de 4-5.

Na final, Salva tiña como rival ao español José Ángel Pablos e novamente fixo un magnífico traballo para impoñerse (10-12) e proclamarse así campión de Europa, por vez primeira

 Nazaret Tilve (-49 quilogramos, veterana A) tamén logrou proclamarse campioa de Europa, tras vencer na final á francesa Sabrimna Rouhani. Foi un fermoso e emocionante combate, no que Nazareth logrou impoñerse (14-15) e conseguir así o ouro.

 En -67 quilogramos (categoría A) Erea Andrade estivo moi preto do ouro, xa que foi por diante do marcador durante case todo o combate. A rival era a Marine Bovo (Francia) e a viguesa estivo mandando ata os últimos 30 segundos, nos que se lle escapou o título (2-4). Prata para Erea!

 Cristóbal Boudjenane logrou a medalla de prata en -68 quilogramos ( veterano C) tras superar ao francés Jean Marc Husson en semifinais por 9-7. Na final, Cristóbal enfrontouse ao canario Miguel Ángel Santiago, pero o galego non puido superalo ao caer por 15-7. Prata para Boudjenane!

 Jesús Couso (ouro no Europeo de Niza 2015) foi outro dos nosos medallistas. Era o único deportista inscrito na categoría de máis de 45 anos de -80 quilogramos, polo que solicitou competir no mesmo peso pero cos deportista de entre 40 e 45 anos.

 O deportista do  Hebe de Moaña cruzaríase no seu primeiro combate contra o serbio Marin Dujic. Aínda que o serbio era  corpulento e forte, Suso soubo traballar moi ben a distancia e conseguiu controlar o combate en todo momento (6 -18, resultado final).

 Xa na final toparíase co inglés Jakub  Pachansky. Suso foi por diante varias veces ao longo do combate pero a falta de poucos segundos, Couso cometeu un par de accións penalizables coas que o marcador se puxo na súa contra (9-10).

 Por último, Óscar Franco acadou o bronce na categoría de veterano A, en -80 quilogramos. O taekwondista do Patiño caeu na semifinal contra o francés Mamoudou Bassoum con certa claridade (20-9).

  • Publicado en Novas

Eleccións 2018 - Convocatoria Asamblea

DE: PRESIDENTE XUNTA ELECTORAL – ELECCIONS FGT 2018


A: Sres/as. Membros da Asamblea Xeral da FGT
 


ASUNTO: CONVOCATORIA DE REUNIÓN DA ASAMBLEA XERAL DA FGT 

PARA A ELECCIÓN DE PRESIDENTE E COMISIÓN DELEGADA


A Coruña, 30/11/2018

 

Estimado/a compañeiro/a:


Pola presente teño o pracer de convocalo/a á reunión da Asamblea Xeral desta Federación Galega de Taekwondo que se celebrará o vindeiro día 15 de decembro de 2018, tal e coma establece o calendario electoral, no salón de actos do Hotel OCA PUERTA DEL CAMINO. Rúa MIGUEL FERRO CAAVEIRO, S/N. 15703 - Santiago de Compostela, dando comezo ás 11.00 horas en primeira convocatoria e ás 11.30 horas en segunda e última e que contará coa seguinte

ORDE DO DÍA:


  1. - Comprobación de quórum.
    2.- Votación para a elección de presidente presidente e comisión delegada.

 

Sen outro particular, reciba un saúdo afectuso. 

  

Asdo. José Ángel Seguín Cid

  

UBICACIÓN HOTEL: https://goo.gl/maps/xQ5LobhWRM62

  • Publicado en Novas

Eleccións 2018 - Lista definitiva candidatos presidencia e C.D.

ELECCIÓNS 2018

RELACIÓN DEFINITIVA DE CANDIDATOS Á PRESIDENCIA E COMISIÓN DELEGADA DA FGT

  

CANDIDATURAS Á PRESIDENCIA:

 

1.- JUAN CARLOS EIRIZ LOPEZ

 

 

CANDIDATOS A MEMBROS DA COMISIÓN DELEGADA:

 

1.- CLUBE PATIÑO – ESTAMENTO DE CLUBES

2.- CLUBE NEKA – ESTAMENTO DE CLUBES

3.- CLUBE TKDENODO – ESTAMENTO DE CLUBES

4.- JOSÉ U. LOREN RODRIGUEZ – ESTAMENTO DE TECNICOS

5.- NOELIA GÓMEZ FABELLO – ESTAMENTO DE ÁRBITROS

6.- OSCAR A. REY VILLAR – ESTAMENTO DE DEPORTISTAS

7.- LAURA LORENZO AMOEDO – ESTAMENTO DE DEPORTISTAS

 

A CORUÑA, 10/12/2018. 

 

 

ASDO. JOSE ANGEL SEGUIN CID

PRESIDENTE XUNTA ELECTORAL

  • Publicado en Novas
Suscribirse a este canal RSS