Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Federación Galega de Taekwondo

Betanzos acollerá o sábado 20 o Galego Júnior de Combate con 120 participantes

O Campionato Galego Júnior de Combate 2018 reunirá o sábado 20 de xaneiro no pavillón municipal de Betanzos a 120 deportistas e 30 árbitros pertencentes a clubs de toda Galicia.

 

Este torneo, organizado polo club  Kwon, é moi importante para as e os deportistas, que darán un paso máis na súa loita por acadar a  clasificación para o Campionato de España Júnior, que se celebrará o día 24 de febreiro en Córdoba. No Galego –para deportistas nados nos anos 2001, 2002 e 2003–  participarán 73 homes e 47 mulleres.

 

O espectáculo será do bo, xa que entre os participantes hai medallistas nacionais e incluso internacionais e xente nova que ven empurrando forte. Así na inscrición figuran Arlet Ortiz (Mat´s), que hai dous meses logrou o bronce no Europeo júnior (é ademais campioa de España júnior e sub 21) ou Tania Castiñeira (Hebe), que tamén se proclamou campioa de España júnior 2017 e foi quinta no Europeo júnior. Na categoría masculina houbo un importante cambio de xeración (Javier González e Adrián Pombo xa son sénior) pero contamos con Unai Silva (Mace Sport), que logrou a medalla de bronce no Campionato de España Júnior do pasado ano, ou Anxo Díaz (Garrapucho), que o pasado ano logrou o título de campión de España cadete.

 

 

  • Publicado en Novas
Suscribirse a este canal RSS