Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

RESULTADOS CAMPIONATO DE EUROPA DE CLUBS TÉCNICA E FREESTYLE

A pasada fin de semana celebrouse en Oropesa de Mar (Castellón) o Campionato de Europa de Clubs nas categorías infantil e adulta. Os clubs galegos acadaron magníficos resultados neste torneo, con multitude de medallas nas diferentes categorías, amosando, unha vez máis, o seu alto nivel competitivo e a súa posición tanto a nivel nacional como internacional nestas modalidades. Ademais, na clasificación do Campionato de Europa de clubs, tamén houbo premio para os clubs galegos. Na categoría kids, o Han's Horang-I logrou subir ao máis alto do podio, mentres que o Natural Sport Sada foi bronce. Na categoría de adultos, bronce para o Yidam CEIP-Balaídos.

Podedes ver os resultados no seguinte enlace:

Resultados

Derradeira modificación o Xoves, 13 Decembro 2018 16:11
Comunicación Fegatae

Email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.