Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Setecentos participantes no XVIII Campionato Internacional Cidade de Riveira

Esta fin de semana (13 e 14 de outubro) disputarase, no Polideportivo Municipal da Fieiteira, o XVIII Campionato Internacional Cidade de Riveira con 700 participantes das modalidades de combate, exhibición, técnica e freestyle, nun torneo de categoría RG-3, puntuábel para o ránking galego. Ademais, hai 120 técnicos acreditados, case 100 árbitros (46 de combate e 35 de técnica) e 40 voluntarios para conseguir que todo funcione ben.

 

O sábado 13 celebrarase a competición na modalidade de combate (Infantil, Precadete, Cadete, Júnior, Absoluto e Máster), con 500 deportistas, mentres que o domingo terá lugar a competición de poomsaes, exhibición e freestyle con 200 participantes inscritos.

 

Instalaranse 7 áreas de competición para desenvolver unha competición na que participarán clubs de Portugal e outras comunidades autónomas como a selección de Madrid e  clubs de Asturias, Zamora, País Vasco, etc. A participación por xéneros está moi parella, sendo un 55% masculina e 45% feminina nas categorías de combate, e inverténdose as porcentaxes nas de técnica.

 

O torneo será, un ano máis, organizado polo Natural Sport Videlgi, coa colaboración da Federación Galega de Taekwondo e o Concello de Riveira.  Gardarase un minuto de silencio polas vítimas das riadas de Mallorca.

 

 

CRONOGRAMA

 

  • Venres 12: Montaxe de tapices e pesada dos deportistas.

 

  • Sábado 13: Campionato de Combate

          9:00 – 14:00: Categorías Infantil/Precadete/parte de Cadete/Absoluto/ Máster.

           16:00-21:00: Categorías Cadete e Júnior.

 

  • Domingo 14: Campionato de Técnica

           9:00-14:00: Técnica, Freestyle e Exhibición

 

 

O custe da entrada será de 3 euros por unha sesión e de 5 polos dous días de competición.

 

Derradeira modificación o Venres, 12 Outubro 2018 11:43
Comunicación Fegatae

Email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.