Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

MIGUEL ANEIROS, NOS XOGOS EUROPEOS DE POLICÍAS E BOMBEIROS

Do 21 ao 29 de setembro están a ter lugar en Alxeciras os 7º Xogos Europeos de Policías e Bombeiros, onde Miguel Aneiros representará ao taekwondo galego tanto na modalidade de técnica como en combate.

Miguel Aneiros, membro do Exército do Aire, en periodo de formación militar na especialidade de Seguridade e Defensa, competirá en técnica, nas categorías de Senior 1 e Trío 1 formando equipo cos compañeiros de Madrid, Agapito Gómez e máis Eduardo Lozano. Tamén participa en combate na categoría de +80 quilogramos.

Desexámoslle moita sorte!

Derradeira modificación o Domingo, 23 Setembro 2018 09:37
Comunicación Fegatae

Email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.