Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

O KWON BETANZOS ACADA UN BRONCE E UN 5° POSTO NO LUXOPEN

 

O Clube Kwon Betanzos pechou a tempada de competición no LuxOpen, nada menos que cunha medalla de bronce e un quinto posto en categoría xunior. A medalla foi para Izan Prego quen, tras derrotar a un competidor grego, outro da República Checa e ao representante da selección de Gran Bretaña, sucumbiu nas semifinais ante un veloz competidor austríaco. Izan pecha tempada coa terceira medalla nun G1: Bélxica, España r Luxemburgo.
O quinto posto foi para Lucas Mahia, quen perdeu no último segundo por 17-15 ante o representante da selección alemana, o mesmo ao que derrotara nas semifinais de Bélxica, pero desta volta non puido ser.
Ademáis competiron tamén Anahi Schmidt e Aron Vázquez, que non puideron pasar da primeira rolda

 

FGT Administración

Responsable comunicación da Federación Galega de Taekwondo

Website: www.taekwondogalego.org Email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.