Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Eleccións FGT 2018 - Convocatoria Asamblea

DE: Juan Carlos Eiriz López. Presidente en funcións da FGT. 

A: Sres. Membros da Asamblea Xeral da FGT 

 

ASUNTO: CONVOCATORIA DE REUNIÓN DA ASAMBLEA XERAL DA FGT.

 

A Coruña, 25 de xuño de 2018 

Estimado señor:

 

Pola presente teño o pracer de convocalo á reunión de carácter extraordinario da Asamblea Xeral desta Federación Galega de Taekwondo que se celebrará o vindeiro día 11 de xullo de 2018 no Camping Arousa II – Santa Uxía de Ribeira (Instalacións do Soño Olímpico), dando comezo ás 16.30 horas en primeira convocatoria e ás 17.00 horas en segunda e última e que contará coa seguinte

 

 

ORDE DO DÍA:

 

1.- Comprobación de quórum.

 

2.- Aprobación do Regulamento e Calendario Electoral da FGT para o posterior envío á Secretaría Xeral para o Deporte quen deberá ratificalo definitivamente ou suxerir os cambios precisos para adaptalo á norma vixente que regula os procesos electorais das federacións deportivas galegas. Convocatoria oficial do proceso electoral.

 

3.- Aprobación por parte da Asamblea para facultar á Comisión Xestora da
FGT a introducir as modificacións no Regulamento Electoral que suxerira a Secretaría Xeral para o Deporte tra-la revisión do mesmo, se así o indicara, sen necesidade de convocar novamente unha reunión da Asamblea Xeral.

 

Sen outro particular, reciba un cordial saúdo.

 

 

Juan Carlos Eiriz López 

Derradeira modificación o Mércores, 27 Xuño 2018 08:32
FGT Administración

Responsable comunicación da Federación Galega de Taekwondo

Website: www.taekwondogalego.org Email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.