Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Noelia Pérez, mellor adestradora galega do ano 2017

A nosa seleccionadora de técnica e freestyle, Noelia Pérez, recibiu onte en Vigo o premio como mellor adestradora galega do ano 2017, concedido nos VI Premios do Deporte Feminino, promovidos por Mudegá.
 
A gala, organizada pola Deputación de Pontevedra, puso un broche de ouro para estes sextos premios do Deporte Feminino, nos que Mudegá tamén celebrou o seu décimo aniversario.
 
O xurado premio os magníficos resultados acadados pola selección galega de técnica e freestyle, pero tamén o enorme esforzo que realiza Noelia para seguir sempre mellorando e aprendendo.
 
Noraboa Noelia! O teu traballo non so é recoñecido por nós!!!
Comunicación Fegatae

Email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.