Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

As seleccións galegas cadete e sub 21 de combate e as de técnica infantil e adulta participarán esta fin de semana no Campionato de España

As seleccións galegas cadete e sub 21 da modalidade de combate e as de técnica (adulto e infantil) participarán esta fin de semana no Campionato de España que se celebrará en Marina D’Or (Castellón). Serán dous días moi intensos de competición, cunha inscrición de más de 1.100  deportistas (334 en cadetes, 241 na categoría sub 21, 269 en técnica adulto e 266 en técnica infantil). Ademais teremos catro árbitros galegos en liza (Noelia Gómez, Daniel Paredes, Eugenio Barral e María Bautista).

 

O torneo cadete –para deportistas nados nos anos 2004, 05 e 06- celebrarase o sábado e a selección galega cadete, que viaxou onte en autobús, xa está en Marina D’Or. O equipo galego está formado por  29 deportistas (16 rapaces e 13 rapazas) e entre eles xa hai campións de España coma Ainhoa García ou Julián Feijoó e Cloe Iglesias (bronces na Copa Presidente de Atenas e clasificados para o Europeo cadete).

 

O pasado ano, as e os deportistas galegos acadaron un total de nove medallas (dous ouros, tres pratas e catro bronces) no Campionato de España Cadete que se celebrou en La Nucia (preto de Benidor). Por equipos, Galicia foi prata na categoría feminina e terceira na xeral, mentres que na categoría masculina ocupou a cuarta posición.

 

Na categoría sub 21 (deportistas nados entre os anos 1998 e 2002), a Federación Galega despraza a un equipo de 24 deportistas (12 rapaces e 12 mulleres) tamén con destacadas e destacados taekwondistas coma Arlet Ortiz (ouro Open Alemaña 2018 e bronce Europeo 2017), Tania Castiñeira (ouro na Copa Presidente de Atenas 2018), Unai Silva (clasificado para o Mundial Júnior deste ano) ou Pablo Patiño (ouro no Campionato de España júnior e tamén clasificado para o Mundial).

 

Técnica. A modalidade de técnica celebrarase o domingo tanto na categoría infantil coma adulto, polo que se espera unha moi longa xornada de competición. Galicia viaxa coa intención de loitar polo podio, como fai habitualmente, tanto a nivel individual como de selección. A selección galega adulta está formada por 46 deportistas e na infantil hai 11 taekwondistas convocados. Ademais, os clubs viaxan pola súa banda.

 

 

Convocatorias galegas para o Campionato de España 2017:

 

http://www.taekwondogalego.com/fegatae2015/index.php/ximnasios/convocatorias/item/2675-selec-cadete-cpto-espana-26-05-18

 

http://www.taekwondogalego.com/fegatae2015/index.php/ximnasios/convocatorias/item/2674-seleccion-sub21-cpto-espana-26-05-18

 

http://www.taekwondogalego.com/fegatae2015/index.php/ximnasios/convocatorias/item/2677-seleccion-tecnica-cpto-espana-27-05-18

 

Comunicación Fegatae

Email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.