Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Esta fin de semana celebraranse as fases provinciais do Taekwondo Escolar nas modalidade de combate e exhibición con 700 deportistas

Esta fin de semana (12 e 13 de maio) celebraranse as fases provincias do taekwondo escolar nas modalidades de combate e exhibición, nas que participarán uns 700 deportistas. En xogo está a clasificación para o Galego, que se disputará o día 19 de maio en Outes.

 A fase provincial que reúne a máis deportistas é a de Pontevedra que se celebrará o sábado 12 de maio no Pavillón As Marismas de Redondela e contará con 145 taekwondistas en combate e 27 equipos en exhibición (cada equipo esta formado por nove ou dez deportistas). En total 388 rapaces e rapaces competindo no tapiz. Pola mañá terá lugar a modalidade de exhibición, cun altísimo nivel, xa que os mellores equipos de España están concentrados na provincia de Pontevedra.

 Pola tarde (15:30 horas) terá lugar a competición de combate nas categorías alevín (nados nos anos 2006 e 2007) e infantil (nados nos anos 2004 e 2005). Non poderán participar nesta competición os medallistas ouro e prata nos Campionatos Galegos Cadetes ou membros da selección galega. Esta fase está a ser organizada polo Kiap en colaboración co servizo provincial de Deportes.

O domingo terá lugar a fase provincial de Ourense, que se celebrará no Pavillón dos Remedios de Ourense, organizado polo club Couto. Aquí a participación será moi inferior con 5 deportistas en combate e 6 equipos en exhibición.

O domingo 13 de maio tamén se disputará no Pavillón Municipal de  Arteixo a fase provincial da Coruña, organizada polo Dobok, tamén cunha importante participación (136 deportistas en combate e 12 equipos en exhibición). O club organizador é o Boud Sport. En Lugo todos os inscritos están clasificados para o Autonómico e non se realizará a fase provincial.

 Esta actividade está incluída no programa do Deporte Escolar Xogade, desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo. Desta forma, a organización é responsabilidade dos diferentes servizos provinciais en colaboración coa Federación e clubs nos que delega. A metade mellor clasificada dos deportistas lograrán a clasificación para a fase final, que terá lugar o día 19 de maio en Outes.

 

Comunicación Fegatae

Email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.