Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Máis de 250 deportistas, nos Galegos cadete e sub 21 de Ordes

 O sábado 7 de abril (a partir das 09.00 horas) celebraranse en Ordes (pavillón Castelao I) os Campionatos Galegos Sub 21 e Cadete, que reunirán a máis de 250 deportistas de toda Galicia e 34 árbitros.

 O torneo cadete comezará ás 9 da mañá con 95 participantes na categoría masculina e 74 na feminina. Neste torneo terminará de definirse a selección galega que competirá no próximo campionato de España cadete (previsto para o 26 de maio), despois da magnífica actuación que tivo o equipo no Open de España, no que logrou o título a nivel colectivo tanto na categoría masculina coma feminina e na xeral. Entre os participantes no Galego haberá moitos medallistas tanto nacionais coma internacionais, coma Ainhoa García (Couto), Irene Montemuíño (Natural), Cloe Iglesias (Patiño), Silvia Otero (Mat’s), Julián Feijoo (Couto) ou Javier Jiménez (Natural de Sada), todos eles ouros no Open de España, entre outros logros.

 O Galego sub 21 celebrarase pola tarde (a partir das 15:30 horas) cunha inscrición menor: 50 homes e 39 mulleres. Por unha magnífica razón non poderán participar Unai Silva, Arlet Ortiz, Pablo Patiño, Ana Dosil e Alba Vidal, xa que se atopan en Túnez no Mundial júnior. Aínda así, teremos a deportistas coma Tania Castiñeira (Hebe) –ouro no Open de Holanda e no Open de España- ou Brais Iglesias (Natural Sport), Iván Rodríguez (Taekanart), Alejandro Paz (Natural Sport), Javier Torrado (Suh Sport) e Alma Pérez (Suh Sport), todos eles campións do Open de España deste ano na categoría júnior.

Derradeira modificación o Xoves, 05 Abril 2018 16:02
Comunicación Fegatae

Email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.