Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Magnífico papel das seleccións galegas de técnica e freestyle no Open de España

Magníficos resultados da selección galega de técnica e de freestyle na primeira xornada do  Open de España, que se está a celebrar esta fin de semana en Alacante.

Técnica

Na categoría cadete, Alejandro Fernández (Escola Lucense) acadou a medalla de ouro, mentres que Tomás Fernández (Kiap) foi prata e houbo tres bronces: Nuria García (Escola Lucense), a parella formada por Samuel Meilán e Laura González (Tao) e para o trío (Aarón Bóveda, Iago Fraga e Samuel Meilán, do Kiap e Tao).

Na categoría júnior, o trío formado por Álvaro Portela, Manuel Paz e Gabriele Santomé (Hebe) logrou o primeiro posto, mentres que Gabriel Tembrás (Moo Duk Kwan) foi prata e a parella formada por Álvaro Portela e Bárbara di Martino (Hebe) e o trío feminino (Raquel Losada, Andrea Moscoso e Fátima Rodríguez, do Tao) lograron sendas medallas de bronce.

En sénior 1, os Alejandros volveron a amosar o seu magnífico nivel. Alejandro Losada Rodríguez  (Neka) logrou a medalla de prata, mentres que Alejandro Losada García (Tao)foi bronce, e Marcos Silva (Mace Sport), tamén ocupou a terceira posición. Ademais, a parella foi Tao formada por Andrea Vilas e Alejandro Losada conseguiu a primeira posición, mentres que a do Neka (Alejandro e Elena Varela) foi prata e o podio completamente galego compretouse con Alicia Pérez e Jorge Posada (Tao) e Eirim Vaamonde e Aitor Priego (Yidam), que lograron as medallas de bronce.

En sénior 2, máis éxitos galegos. Samuel Meilán e Nerea Alamancos (ambos do Tao) sumaron tres medalla de ouros: A nivel  individual (masculino e feminino) e en parella 2. Ademais, o trío 2 feminino formado por Vanesa Ortega, Sonia Pérez e Noelia Pérez logrou subirse ao chanzo máis alto do podio coa medalla de ouro.  Vanesa Ortega (Hebe) foi prata en sénior 2 .

E rematamos a colleita de medallas en poomsae cos máster: Sonia Pérez (Hebe) logrou a prata en máster 1; Esperanza Fernández (Couto) foi bronce en máster 2 e Encarnación Quintela (Hebe) logrou a prata en máster 4.

En freestyle a selección galega volveu dominar no Open. En -17 anos Manuel Paz (Hebe) e Celia García (Tao) lograron a medalla de ouro, mentres que Gabriel Tembrás (Moo Duk Kwan) e Bárbara Di Martino (Hebe) foron prata  e Tomás Fernández (Kiap) e Ángel López (que viaxaba co seu club, Mace Sport) lograron a medalla de bronce.  En parella – 17 anos, Tembrás e e Bea Felpeto (Moo Duk Kwan) lograron a medalla de prata, mentres que Bárbaro Di Martino e Manu Paz (Hebe) lograron a medalla de bronce.

En máis de 18 anos, a nivel individual, Eirim Vaamonde (Yidam) logrou a medalla de ouro, mentres que Elena Varela (Neka) foi prata e Marcos Silva (Mace Sport) sumou a medalla de bronce. A parella de +18 anos formada por Andrea Vilas e Samuel Alves (Tao) lograron a primeira posición, mentres que Aitor Priego e Eirim Vaamonde (Yidam) foron bronce.

Por último, sinalar que o quinteto do Tao (formado por Manuel Rodríguez,  Alicia Pérez, Samuel Alves, Alejandro Losada e Andrea Vilas) acadou a medalla de ouro.

Derradeira modificación o Venres, 23 Marzo 2018 21:29
Comunicación Fegatae

Email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.