Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Tres ouros, dúas pratas e un bronce, na segunda xornada do Open de Holanda

Rematou o Open de Holanda e fixoo con seis medallas galegas (tres ouros, dúas pratas e un bronce). E son medallas no torneo da categoría G-1 máis importante de Europa, con participantes de todo o mundo e medallistas mundiais e europeos. Tania Castiñeira, Irene Monteagudo e Ainhoa García foron os ouros; Cloe Iglesias e María Ferreiro lograron as pratas e Ana Dosil foi bronce.

Tania Castiñeira (+60, Hebe) acadou a medalla de ouro na categoría júnior. A galega logrou a primeira posición cunha gran superioridade sobre as rivais. Venceu en primeira rolda a Leonie Marzoll (Alemaña) por 10-2 e nas semifinais superou a Isabeau Van Droffelaar (Holanda) por 6-10. A final estivo absolutamente controlada dende o inicio. Gañou a Reba Stewart (Australia) por 7-1.

A cadete Irene Monteaguado (-51, Natural Sport) logrou a primeira posición tras vencer en catro combates e de forma clara. Superou en primeira rolda a Anastasia Tsipa (Grecia (22-2) e nos cuartos de final a Jill Marie Beck (Alemaña) por 3-19. Na semifinal deu boa conta de Tindra Andersson (Suecia) por 10-18 e na final gañou a Rachel Kerr (Irlanda) por 4-10.

Tamén na categoría cadete, ouro para Ainhoa García (-55, Couto). A galega venceu en primeira rolda a Leah Kerr (Irlanda) por un contundente 0-13 e posteriormente a Frida Sjoberg (Suecia) por 3-11. En semifinais superou á holandesa Amy Mink (3-5) para rematar a súa perfecta competición coa vitoria na final ante Jesse de Vries (Holanda) por 0-4.

As pratas foron para as cadetes María Ferreiro e Cloe Iglesias. María Ferreiro (-44, Couto) logrou a vitoria en tres combates antes de chegar á final: Superou a Sofia Klein (Alemaña) por 5-8; a Holly Pepper (Gran Bretaña) por 6-2 e a Nilla Brostom (Holanda) por 12-0. Na final caeu ante a francesa Maysane Kamkasoumphou por 15-20, nun fermoso combate.

Pola súa banda, Cloe Iglesias (-59, Patiño) venceu na semifinal a Mia Gouws (Australia) por 2-0, para perder na final contra Emel Karagoz (Alemaña) por 6-14.

Por último, sinalar o bronce da júnior Ana Dosil (-63, Natural Sport). Venceu a Michaela Razimova (R. Checa) por 3-5 e posteriormente a Meike Unrau (Alemaña) por un espectacular 0-8. Na semifinal, a galega foi derrotada por Kristyna Drobna (R. Checa) un axustadísimo combate (2-1).

 

Comunicación Fegatae

Email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.