Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Cangas acollerá o 10 de marzo o Campionato Galego Promesas con case trescentos deportistas

A Campionato Galego Promesas das categorías cadete, júnior, absoluta e veteranos de combate reunirá o sábado 10 de marzo no pavillón do Gatañal (Cangas) a case 300 deportistas e 33 árbitros pertencentes a clubs de toda Galicia.

 Hoxe xoves, tivo lugar na Casa da Xuventude de Cangas a presentación deste evento. No acto participaron Xoán C. Chillón Iglesias (Concelleiro de Deportes), María Bautista (Vice-presidenta da Federación Galega de Taekwondo) e Pablo Casares (Director Deportivo do Club Sares TKD Cangas).

Poderán participar neste campionato, organizado polo club Sares TKD de Cangas, aqueles deportistas que non sexan medallistas en campionatos galegos e estatais. Tamén quedan excluídos aqueles taekwondistas que foron membros da selección galega nunha competición oficial. O torneo comezará ás 09:00 horas pola mañá coa competición absoluta e cadete e ás 15:30 horas pola tarde para o resto de categorías (júnior e veteranos).

 O Gatañal leva nove anos acollendo este torneo que ten como obxectivo prioritario a promoción do deporte base, darlle continuidade a deportistas que aínda non se incorporaron á selección galega e promover o salto de categorías.

 

 

Comunicación Fegatae

Email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.