Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

O Tao de exhibición participa mañá mércores na semifinal de Got Talent

Mañá mércores 7 de marzo (a partir das 22:00 horas) o Tao de Vigo participará na semifinal do programa Got Talent de Telecinco co obxectivo de lograr o pase do taekwondo galego á final deste espazo televisivo de talentos.

 O conxunto galego está formado por Samuel Meilán, Manuel Rodríguez, Samuel Alves, Jorge Posada, Iago Davila, Hugo Davila, Sara Davila, Celia García, Alicia Pérez e Eva Morales. Entre eles hai medallistas europeos ou mundiais coma Samuel Meilán, Manuel Rodríguez ou Samuel Alves. O equipo realizará unha exhibición de dous minutos de duración coa que intentarán sorprender ao xurado e ao público que vexa o espectáculo dende casa.

 O programa é en directo e o público terá un papel fundamental. Cando chegue o momento da actuación do Tao, aparecerá en pantalla un teléfono e haberá só dez minutos para votar nese número. E deses votos depende o paso a final, porque o participante máis votado polo público pasa directamente á final. Os que queiran votar mañá terán que desbloquear o teléfono para tarifas especiais (905 e 906), senón non permite votar. O custe da chamada é de 1,50 euros.

 Este verán (aínda que o programa emitiuse o día 12 de febreiro) as e os rapaces do Tao acadaron o pase a semifinal e xa sorprenderon ao público e o xurado e agora prometen aínda máis espectáculo.

 

 

Derradeira modificación o Martes, 06 Marzo 2018 16:57
Comunicación Fegatae

Email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.