Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Máis de 500 participantes na Copa Cidade da Coruña, que se celebrará o 3 de febreiro

Este sábado 3 de febreiro celebrarase a XIII edición da Copa Cidade da Coruña de Taekwondo no Coliseum da Coruña (de 09:00 a 13:00 horas e de 14:30 a 20:30 horas) coa participación de máis de 500 deportistas de máis de 30 clubs galegos, ademais dalgúns de Castela León e Cataluña.

 

 A principal novidade da presente edición é que, ademais da modalidade de combate en todas as súas categorías (dende infantil ata máster), incorpora a modalidade de hapkido (defensa persoal). Este torneo (categoría RG-2) forma parte do Circuíto Galego de Ránking, organizado pola Federación Galega de Taekwondo.

 

 Tamén hai que destacar a participación neste evento da selección galega absoluta de combate, que está a preparar o Campionato de España, polo que será un moi boa oportunidade para ver aos mellores competidores galegos en acción.

 

Coma todos os anos, a Escola de Taekwondo Garrapucho organiza unha recollida de alimentos a favor da Cociña Económica da Coruña. A entrada ao recinto será gratuíta, polo que a organización anima a todos os participantes no evento (deportistas, árbitros, técnicos e público) a doar alimentos non perecedoiros, que se entregarán a esta institución benéfica. Este torneo está a ser organizado pola Escola de Taekwondo Garrapucho en colaboración co Concello da Coruña e a Federación Galega de Taekwondo.

 

Comunicación Fegatae

Email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.