Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Galicia, campioa do Open de Técnica e Freestyle da Comunidade de Madrid

Galicia proclamouse vencedora na clasificación xeral por equipos do Open de Poomsae e Freestyle da Comunidade de Madrid, que se celebrou este sábado 27 de xaneiro no Polideportivo de Moralzarzal. Era unha proba moi importante, coa participación de máis de 500 deportistas, xa que aportaba puntos para o ránking español, que decidirá a clasificación para o Mundial.

 

Técnica. Na modalidade de técnica, Galicia sumou un total de 8 ouros, 6 pratas e 11 bronces.

 

Na categoría cadete tivemos participación galega e varias medallas. En masculino houbo dous bronces para Tom Fernández (Kiap) e Alejandro Fernández (Escola Lucense), mentres que na categoría feminina a medalla de bronce foi para Nuria García (Escola Lucense). En parellas cadete, outro terceiro posto para o dúo formado por Tom Fernández e Ana Teresa Iglesias (Kiap). En trío cadete houbo unha medalla de prata para o trío formado por Tom Fernández, Iago Fraga e Aarón Bóveda (Kiap).

 

Na categoría júnior, magníficos resultados para as e os deportistas galegos. Gabriel Tembrás (Moo Duk Kwan) logrou a medalla de ouro e Manuel Paz (Hebe), o bronce en júnior masculino. En parella júnior, outro dobrete para Galicia e ademais do máis apertado. O ouro foi para Gabriel Tembrás e Bea Felpeto (Moo Duk Kwan), mentres que Álvaro Portela e Bárbara di Martino (Hebe) foron prata coa mesma puntuación (o ouro decidiuse pola nota de presentación).

 

Nos tríos júnior, ouro para o feminino (formado por Raquel Losada, Fátima Rodríguez e Andrea Moscoso, do Tao) e prata para o masculino, formado por Manuel Paz, Álvaro Portela e Gabrielle Santomé (Hebe).

 

En sénior 1 masculino, prata para Alejandro Losada (Tao) e bronce para Alex Losada (Neka), mentres que en parella 1 houbo un ouro (Alejandro Losada e Andrea Vilas, do Tao) e un bronce (Alex Losada e Elena Varela, Neka).

 

En tríos sénior 1 masculino Manuel Rodríguez, Samuel Alves e Jorge Posada (Tao) lograron a prata, mentres que o trío feminino (Alicia Pérez, Aroa Montenegro e Laura Vázquez, do Tao) foi bronce.

 

En sénior 2, Galicia foi a clara dominadora. Samuel Meilán e Nerea Alamancos (ambos do Tao) lograron o ouro nas categorías masculina e feminina individual, e ademais tamén foron os mellores en parella 2. Ademais, o trío 2 feminino (Vanesa Ortega, Sonia Pérez e Noelia Pérez, do Hebe) logrou o primeiro posto e Vanesa Ortega foi bronce, en individual feminino.

 

En máster 1 feminino, prata para Sonia Pérez (Hebe) e rematamos a colleita de medallas galegas en técnica con máster 2, con dous bronces: Óscar Rey (Kiap) e Esperanza Fernández (Couto).

 

Freestyle. Nesta modalidade, as e os deportistas galegos sumaron un total de 15 medallas (7 ouros, 5 pratas e 3 bronces).

 

En individual masculino -17 anos, o podio foi moi galego: Manuel Paz (Hebe) logrou a medalla de ouro, Gabriel Tembrás (Moo Duk Kwan) foi prata e Adrián Ventín (Mace), que viaxou a Madrid co seu club, logrou o bronce. Na categoría feminina -17, Celia García (Tao) logrou o primeiro posto, mentres que Zaida Velo, que viaxaba co seu club, o Natural Sport Sada, acadou a prata.

 

En parellas -17 anos, tres medallas para Galicia. Manuel Paz e Bárbara di Martino (Hebe) lograron o ouro, con Gabriel Tembrás e Bea Felpeto (Moo Duk Kwan) na segunda posición e Tom Fernández e Ana Sánchez (Kiap) foron bronce.

 

En + 18 anos individual masculino, ouro para Samuel Alves (Tao) e prata para Marcos Silva (Mace Sport), mentres que na categoría feminina o ouro foi para Eirim Vaamonde (Yidam) e o bronce para Elena Varela (Neka). En parella +18, ouro para Samuel Alves e Andrea Vilas (Tao) e prata para Eirim Vaamonde e Aitor Priego (Yidam). E por último, destacar o ouro para o quinteto do Natural Sport Sada (Zaida, Talía, Noelia, Rubén e Manu), que viaxaba pola súa conta.

Derradeira modificación o Domingo, 28 Xaneiro 2018 18:20
Comunicación Fegatae

Email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.