Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Preparación da selección galega júnior para o Nacional

Ao longo desta fin de semana (27 e 28 de xaneiro) preto de 150 deportistas galegos e portugueses daranse cita no Pavillón da Fieteira en Riveira para preparar o Nacional de Córdoba.

Ademais tamén participarán nestas sesións de traballo os deportistas da Selección Absoluta e os deportistas cadetes que participarán na President's Cup de Alemaña, co obxectivo de continuar cosa súa preparación para estas citas.

Modesto Gonzalez, Pablo Carou, Jesús Benito, Miguel Cortegoso e Juan Luis Martínez son algúns dos técnicos da selección que estarán presentes nestas dúas xornadas de traballo.

Comunicación Fegatae

Email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.