Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Gran actuación dos taekwondistas galegos no Open de Lille cun total de 15 medallas

Magnífica actuación das e dos taekwondistas galegos esta fin de semana no VI Open de Lille de Técnica e Freestyle. En total, os nosos deportistas acadaron 15 medallas (6 ouros, 3 pratas e 6 bronces). Na clasificación xeral por equipos, España logrou a segunda posición, cunha enorme aportación das e dos taekwondistas galegos.

 

O sábado foi o momento dos séniors que amosaron un gran nivel, e iso a pesar dos enormes problemas de organización que provocaron que a competición comezase con varias horas de retraso e que rematase xa de madrugada. Samuel Meilán (Tao) segue imparable e logrou a medalla de ouro en individual en sénior 2 e tamén o primeiro posto en parellas xunto a Nerea Alamancos (Tao). Ademais, Nerea, en individual sénior 2, acadou a medalla de bronce.

 

En freestyle adultos tamén houbo medalla para os nosos deportistas. A parella de + de 18 anos fornada por Carlos Rey e Elena Varela (ambos do Neka)  lograron a medalla de bronce.

 

O domingo competiron os máis pequenos e tamén con grandísimos resultados. En técnica, ouro para Gabriel Tembrás (Moo Duk Kwan) e bronce para Manuel Paz (Hebe) en júnior individual, mentres que o trío júnior (formado por Manuel Paz, Álvaro Portela e Gabrielle Santomé, todos do Hebe) lograron a medalla de bronce. En cadete, o primeiro posto foi para Alejandro Fernández (Escola Lucense), que foi convocado pola Federación Española. Ademais, o galego logrou unha segunda medalla, nesta oportunidade foi prata, en parella cadete, xunto a súa compañeira de selección.

 

En freestyle, máis preseas galegas. En -17 anos individual, dominio galego no máis alto do podio, con Manuel Paz (ouro) e Gabriel Tembrás (prata). Na categoría feminina -17 anos tamén houbo dúas medallas, coa prata de Celia García (Tao) e o bronce de Bárbara di Martino (Hebe).

 

En parellas de freestyle, dúas medallas máis para Galicia. Manuel Paz e Bárbara di Martino lograron o ouro en -17 anos, mentres que Gabriel Tembrás e Bea Felpeto (Moo Duk Kwan) acadaron a medalla de bronce.

 

 

 

Comunicación Fegatae

Email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.