Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Monforte acolle este domingo 14 o Galego de técnica e freestyle con preto de 250 inscricións

Monforte de Lemos repite como sede do Campionato Galego de Técnica e Freestyle. Como xa sucedera o pasado ano, o Pavillón da Pinguela acolle este torneo, que se celebrará o domingo 14 de xaneiro (a partir das 10:00 horas), con case 250 inscricións  e máis de 30 árbitros. Será a primeira proba do ano 2018, despois do pequeno parón polas festas do Nadal.

 O campionato comezará as 10:00 horas, coa disputa do Galego de Técnica nos cinco tapices dispostos no Pavillón da Pinguela para desenvolver a competición nas categorías cadete, júnior, sénior e máster a nivel individual, e sen esquecer as parellas e tríos (cadete, júnior e sénior).

 Ao remate da competición de técnica (13:00 horas), dará comezo o VI Campionato Galego de Freestyle, con 60 inscricións. En Galicia esta modalidade deportiva está a lograr unha moi boa implantación e os resultados a nivel estatal e internacional dan boa mostra diso.

 Esta modalidade é unha combinación libre de técnicas de taekwondo con coreografía e música, polo que resulta moi atractiva tanto para o público coma para os propios practicantes. Desenvólvese de forma individual, por parellas e por equipos.

 

 

 

Derradeira modificación o Xoves, 11 Xaneiro 2018 13:01
Comunicación Fegatae

Email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.