Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Cen deportistas participarán o sábado 16 de decembro no Campionato Galego Absoluto

Case cen deportistas están inscritos no Campionato Galego Absoluto de Combate que se celebrará o sábado 16 de decembro en Riveira (Pavillón Municipal da Fieiteira). Este torneo é clasificatorio, xunto ao Circuíto Galego, para o Campionato de España.

 

En total no Campionato Galego Absoluto competirán 20 clubs galegos, 99 deportistas (40 mulleres e 59 homes), 28 árbitros e uns  50 adestradores. A actividade comezará ás 09:30 horas e finalizará a última hora da mañá (a entrega de medallas está prevista para as 12:30 horas).

 

Entre os inscritos e inscritas temos a sorte de contar con deportistas con magníficos resultados tanto nacionais coma internacionais, polo que seguro que poderemos gozar cun gran espectáculo deportivo.

 

Ademais teremos a oportunidade de ver en acción tanto a deportistas cunha nutrida experiencia (coma Katya Calvar, Lúa Piñeiro, José Fernández ou Pablo Fernández Eiras, entre outros), fronte a mozos moi novos, que están empurrando moi forte. Os últimos exemplos, os medallistas galegos no Europeo Júnior en Chipre, Arlet Ortiz e Javier González, xa que ambos competirán no Galego Absoluto.

 

Comunicación Fegatae

Email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.