Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Noraboa aos clubs e taekwondistas galeg@s pola súa actuación no Campionato de España de Clubs

A Federación Galega de Taekwondo quere felicitar a todos os clubs galegos e os seus competidores polos éxitos acadados no Campionato de España de Clubs, que se desenvolveu do 7 ao 10 de decembro en Castellón.
 
A actuación do taekwondo galego neste macro-campionato foi excepcional e iso a pesares dos problemas que houbo coa organización e na pesada, onde as e os deportistas tiveron que esperar horas para poder realizala. Por iso, unha vez máis, a Federación Galega amosa a súa satisfacción polo traballo desenvolvido, que vai moito máis ala do número de medallas acadadas que foron moi numerosas, tanto a nivel individual coma de clubs.
 
Nos vindeiros días publicaremos na páxina web da Federación Galega os resultados oficiais dos clubs e deportistas galegos, unha vez teñamos a certificación oficial dos mesmos.
 
Noraboa para tod@s!!!!
Comunicación Fegatae

Email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.