Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

O Vila de Moaña reunirá a máis de mil deportistas esta fin de semana

Esta fin de semana celébrase o Torneo Internacional Vila de Moaña e o Campionato Galego de Exhibición Adultos, nos que participarán máis de mil  taekwondistas   pertencentes a 47 clubs, ademais de 75 árbitros e 145 técnicos. Este ano o torneo, da categoría RG2, bateu marcas en canto a participación.

 O evento disputarase os días 25 e 26 de novembro no pavillón de Reibón, onde se instalarán 7 tapices para combate e 6 para a modalidade de técnica. A xornada do sábado estará adicada á modalidade de combate con 554 participantes pertencentes a 42 clubs, 36 árbitros e 70 técnicos. De 9 a 13:30 horas competirán os participantes das categorías precadete, infantil, sénior e máster, mentres que os cadetes e júnior farano a partir das 14:40 horas (ata ás 21:30). O domingo (a partir das 09:00 horas) será a quenda para os participantes de técnica infantil e adulto (372 deportistas) e freestyle (59).

 Ademais, o domingo (13:30 horas) disputarase o Campionato Galego de Exhibición Adultos, con seis equipos, e que será clasificatorio para o Campionato de España, que se disputará o 8 de decembro en Marina D´Or (Castellón). No galego participarán Tao, Mace Sport, Olimpic, Yidam, Kiap e Hebe e os dous primeiros clasificados acadarán a súa praza para competir no campionato de España.

 Este torneo é organizado polo club Hebe, en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo e o Concello de Moaña. O torneo, da categoría RG2, está incluído no circuíto de torneos ranqueables organizado pola Federación Galega de Taekwondo.

 O ranking galego é un sistema de baremación obxectivo baseado na suma de puntos naqueles torneos que forman parte do circuíto. Deste xeito, ao final do cómputo, o deportista que máis puntos obteña no seu peso será o que compita no Campionato de España.

 O custe da entrada no Vila de Moaña é de 3 euros por media xornada e de 5 polo día enteiro.

Derradeira modificación o Xoves, 23 Novembro 2017 17:00
Comunicación Fegatae

Email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.