Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Case 1.500 deportistas participarán esta fin de semana no XX Open Cidade de Pontevedra

O Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra acollerá esta fin de semana, os días 28 e 29 de outubro, o XX Open Cidade de Pontevedra de Taekwondo coa participación de 1.428 deportistas nas diferentes modalidades e categorías. Están inscritos 72 clubs, dos cales 24 son de Portugal, 1 de Senegal, e tamén hai clubs de Castela-León e todos os galegos. A entrada é de 3 euros para os adultos, e os nenos entran de balde.

 Hoxe tivo lugar o acto de presentación do evento no Concello de Pontevedra coa participación da concelleira de Deportes, Anxos Riveiro; o presidente da Federación Galega de Taekwondo, Juan Carlos Eiriz; o presidente do Mace Sport, Miguel Cortegoso; e a directora territorial de ABANCA en Pontevedra, Carmen Fernández Penas.

 A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro destacou a importancia deste evento deportivo “de gran nivel que amosa a fortaleza deportiva do Concello e do país”, coa chegada de participantes de distintos lugares. O presidente da Federación Galega de Taekwondo, Juan Carlos Eiriz explicou que nesta competición vanse estrear os petos, cascos e patucos de segunda xeración. Lembrou que “a Federación inviste en promocionar o taekwondo a nivel tecnolóxico. Estamos na vangarda en materiais. Mellor, incluso, que a Federación española”, lembrou.

 Horarios definitivos combate

Sábado
Sesión de mañá
Junior de 9:00 a 16:00 horas en 8 tapices
Infantil de 10:00 a 14:00 horas en 4 tapices
Sesión de tarde
Cadetes de 16:00 a 22:00 horas en 10 tapices
Alevín de 16 a 19:30 horas en 2 tapices
Domingo
9:00 a 14:00 horas Absolutos e máster en 6 tapices
Derradeira modificación o Venres, 27 Outubro 2017 10:56
Comunicación Fegatae

Email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.