Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Vilalba acolle o 30 de maio a final galega de combate de taekwondo escolar

O sábado 30 de maio celebrarase en Vilalba a final galega de taekwondo escolar na modalidade de combate, na que participarán 220 deportistas que lograron a súa clasificación nas fases provinciais.

 

A final da modalidade de combate comezará ás 09:30 horas nos seis tapices dispostos para a competición. En total celebraranse aproximadamente 160 combates  para deportistas das categoría alevín (nados nos anos 2003 e 2004) e infantil (nados nos anos 2001 e 2002), que serán dirixidos por 31 árbitros. As e os deportistas competirán coas pertinentes proteccións, pero na categoría alevín non están permitidos os golpes á cabeza, co obxectivo fundamental de protexer a seguridade dos nenos e nenas. Tamén co obxectivo de protexer aos cativos non poderán participar nesta competición os medallsitas ouro e prata nos Campionatos Galegos Cadetes ou membros da selección galega.

 

Para participar na final, as e os deportistas tiveron que quedar na metade mellor clasificada nas fases provinciais. Esta actividade está incluída no programa do Deporte Escolar Xogade, desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo. Desta forma, a organización é responsabilidade dos diferentes servizos provinciais en colaboración coa Federación e clubs nos que delega. Esta final é organizada polo Moo Duk Kwan.

Derradeira modificación o Xoves, 28 Mai 2015 19:55
Comunicación Fegatae

Email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.