Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

O Campionato de España de Técnica celebrarase esta fin de semana en Castellón

 A selección galega de técnica participará esta fin de semana (30 e 31 de maio) no Campionato de España de técnica infantil, sénior e freestyle, que se celebrará en Marina D´Or  (Castellón). A Federación Galega de Taekwondo ten inscritas neste torneo a unha selección infantil (14 integrantes), outra adulta (42) e unha terceira de freestyle (16) ademais de aqueles/as deportistas que viaxan cos seus clubs. O Campionato decidirá (xunto ao Open de España) a selección de deportistas que acudirán ao Europeo que se celebrará en Serbia o 27 de xuño.

 

O sábado terá lugar o Campionato de España Infantil de Técnica con 291 participantes e o adulto con 391 deportistas inscritos. O Campionato de España é unha competición individual na que as e os deportistas teñen que realizar un par de pumses (depende da categoría e do número de participantes). Os oito primeiros clasificados chegan á final, onde realizarán o último exercizo (no caso dos adultos, son dous) e de onde sairán as medallas (ouro, prata e dous bronces).

 

Ademais, o domingo celebrarase o Campionato de freestyle con 86 participantes. O freestyle segue amosando un enorme crecemento nestes escasos tres anos que leva no calendario mundial. Esta modalidade é unha combinación libre de técnicas de taekwondo con coreografía e música, polo que resulta moi atractiva tanto para o público coma para os propios practicantes.

 

Resultados 2014. Galicia logrou un total de 14 medallas (tres ouros, catro pratas e sete bronces) no Campionato de España de técnica adulto, que se celebrou o pasado ano tamén en Marina D´Or  (Castellón). Ademais, na modalidade de freestyle Galicia arrasou con dez  medallas e o título por equipos. Na categoría infantil, a selección galega infantil de técnica acadou un total de cinco medallas (dous ouros e tres bronces) e na clasificación por seleccións territoriais, Galicia logrou a medalla de bronce.

 

 

Nestes enlaces, tedes as convocatorias da Federación Galega para este campionato:

 

http://www.taekwondogalego.com/fegatae2015/index.php/ximnasios/convocatorias/item/1432-convocatoria-cpto-esp-tecnica-inf

 

http://www.taekwondogalego.com/fegatae2015/index.php/ximnasios/convocatorias/item/1421-convocatoria-cpto-esp-tecnica

 

http://www.taekwondogalego.com/fegatae2015/index.php/ximnasios/convocatorias/item/1422-convocatoria-cpto-esp-freestyle

 

 

 

 

 

Derradeira modificación o Xoves, 28 Mai 2015 19:52
Comunicación Fegatae

Email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.