Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Lúa Piñeiro perdeu na primeira rolda do Mundial contra Marruecos

A galega Lúa Piñeiro (-67, Natural Sport Riveira) caeu na primeira rolda do Mundial de Taekwondo, que se está a disputar estes días en Chelyabinsk (Rusia). 

Lúa comezaba a súa competición fronte a marroquí Hakimo El Meslahy e foi un duro combate que se decidiu no último asalto a favor da marroquí (2-0). Un duro golpe para a nosa deportista que enfrontaba este Mundial con moitas ilusións e gañas de facer as cousas ben nunha tempada moi importante e ante a posibilidade de sumar moitos puntos para o ranking mundial.

Pero Lúa xa pensa no futuro, porque quedan por diante importantes probas para seguir sumando puntos cara ao obxectivo de clasificarse para os Xogos de Río 2016.

Moito ánimo Lúa e adiante!

 

Derradeira modificación o Xoves, 14 Mai 2015 09:36
Comunicación Fegatae

Email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.