Sponsors Federacion Galega de Taekwondo

Log in
A+ A A-

Saúda

JUAN CARLOS EIRIZ LÓPEZ, actual presidente da FGT elexido pola asamblea xeral o pasado 7 de novembro de 2014.

 

Saúda de Mercedes Barrientos (Presidenta da Federación Galega de Tae Kwon Do).

Estimados compañeiros e compañeiras:

Tanto eu coma o Departamento de Comunicación e a Administración da Federación Galega de Taekwondo estamos felices de poder saudarvos dende esta nova páxina Web www.taekwondogalego.com

Esta páxina nace con vocación de servicio a tódolos afiliados. Como vedes, dentro da páxina temos servicios que tentan axiliza-la comunicación entre a FGT e tódolos afiliados, especialmente os clubes.

Nesta nova páxina tratamos de ofertar unha maior velocidade na recepción de información, circulares e noticias, facilita-los trámites administrativos ofertando formularios imprimibles, permiti-la consulta de regulamentos, estado de cada afiliado en canto á súa documentación federativa e, tamén, crear un foro de comunicación entre tódolos practicantes de taekwondo.

Dende o principio, nesta nova etapa da FGT, propuxémonos a necesidade de adaptarnos ós tempos nas comunicacións cos clubes e afiliados, ainda que o faremos dun xeito progresivo para valorar durante este período a demanda de información vía Internet e a necesidade ou non de aumenta-los servicios da Web.

Non quero despedirme de vós sen antes facervos saber que estamos abertos suxerencias e demandas que nos fagades chegar.

Máis en ésta categoría « Cookies Lei de Transparencia »